Este mércores 19 de marzo contamos de novo na nosa biblioteca coa grata presenza de Marcos Calveiro. Nesta ocasión presentou aos rapaces de 1º de Eso e do Club de Lectura de Primeiro Ciclo a súa fermosa novela Palabras de Auga. Disfrutamos moitísimo nesta viaxe a África. Adentrámonos no suahili, aprendemos a xogar ao bao e adentrámonos na situación das tribus africanas. Foi un pracer, coma sempre, escoitar a Marcos. GRAZAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario