REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA BILIOMACIAS DE 3º E 4º DE ESO
Para este trimestre, escollemos como lectura O diario violeta de Carlota de Genma Lienas. Tocaba mirar o mundo cuns lentes violetas e as /os compoñentes do club de lectura Bibliomacias estiveron á altura. Resultou ben gratificante escoitar os seus comentarios sobre o libro e a súa mensaxe.
Na obra distínguense dúas tramas; por un lado a vida persoal de Carlota ( a importancia das amizade, a convivencia cos pais e cun molesto irmán pequeno, o primeiro amor…) e por outro lado a descuberta , da man da súa avoa , do que significa o feminismo.
Carlota descobre a terrible situación que viven as nenas nalgúns países só polo feito de seren mulleres. Pero tamén aprende tamén a recoñecer os micromachismos que perviven na nosa sociedade, e que nos pasan desapercibidos de tan aprendidos que os temos.
Unha lectura amena, reveladora e interesante que vos recomendamos sen dúbida ningunha.


Grazas ao club de lectura chegou ás miñas mans un libro que me abriu os ollos, xa que me permitiu decatarme de cantas veces somos discriminadas e non nos percatamos.
ResponderEliminarRecomendo a lectura deste libro; seguro que vos sorprenderá.
Paula Reboredo