21 de xuño de 2010

Lecturas e películas recomendadas para o verán

Este ano, coma os anteriores, propoñemos unha serie de lecturas para amenizar as moitas horas do verán de toda a familia, desde os máis peques até os adultos. Podedes pedir os libros na biblioteca antes das vacacións e devolvelos en setembro. Agardamos que vos gusten.
Felices vacacións!




Para os máis pequenos







De 12 a 16 anos



Marcos Calveiro (Autor/a)

Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Premio Lazarillo, 2009

Contido
________________________________________
Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.

Settecento

Calveiro, Marcos (Autor/a)

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

A dama da luz
Fernández Paz, Agustín (Autor/a)
Magutis, Jorge (Ilustrador/a)

O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres extraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán. Un día, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece. A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera.


A NOITE DO MOUCHO Anxo Rei Ballesteros
Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.


A praia dos afogados
Villar, Domingo

Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba…


A casa dos encontros

Amis, Martin
Edit. Galaxia
Martin Amis conta en A casa dos encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Ártico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. Á cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra.

Galaxia

O retorno
Schlink, Bernhard

Un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade.

Os avós de Peter Debauer traballan como correctores para unha colección de literatura popular. Decote, o rapaz debuxa e fai os deberes no dorso dos folios corrixidos e un día dá en ler unha das historias. Intrigado, descobre na narración incompleta dun prisioneiro de guerra alemán retido en Siberia detalles que se relacionan estrañamente coa súa propia vida... Bernhard Schlink (Bielefeld, 1944), un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio, escribe unha novela de prosa axustada e intensa, unha investigación subxugante en busca da verdade e en contra do silencio.


PARA OS MÁIS CATIVOS




Galaxia


Pesadelo no tren Chocolate
Casalderrey, Fina

Iria e o seu irmán Lino van emprender a súa primeira viaxe en tren sós.

Cando o tren chega á estación, o avó Manuel osma un agoiro no aire. Parece coma se o tren Chocolate os estivese a advertir dun perigo inminente.


Moure, Gonzalo Moure (Autor/a)
Serrano, Lucía (Ilustrador/a)
Alonso, Fran (Tradutor/a)

O que máis lle gustaba a Malva era que a súa nai lle contase un conto na cama. Para ela oír as palabras “cama e conto” era o mellor do día, o mellor da vida. Con aquelas historias viaxaba ata un mundo de maxia e de fantasía onde todo era posible. Pero des que aprendeu a ler cando cumpriu os seis anos as cousas cambiaron e xa non hai “cama e conto”. Dende entón, a nai de Malva cre que ela xa podía ler os contos soa, o que a rapaza pareceulle unha traizón. Mais Malva tivo unha gran idea para mudar a súa vida… Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou unha nai contándolle un conto ao seu fillo. Un libro, deliciosamente ilustrado por Lucía Serrano, que propón unha reflexión sobre os límites da lectura e a necesidade imperiosa de compartila.


Unicrom , Rosa Enríquez
Sotelo Blanco
Nun divertido xogo narrativo, as dintintas voces que describen este desbordante universo conseguen encadearnos ao fío argumental da novela. Un aparello estraño, unha bóla sucia e unha caixa constituirán o legado informativo que permitirá a Irimadeona e Samoa de Lulia coñecer a vida de Asor. Facendo uso da “técnica do manuscrito encontrado”, nesta historia de futuros alternativos e delirantes, a información chegará ás mans de ambos os dous narradores por medio do pizarrador. Con só premer un botón, o universo de Asor aparecerá ante os seus ollos aventurados…

10 de xuño de 2010

La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly



É un adianto do que recomendamos para este verán. Se es curioso/a e tes inquedanzas científicas,ou se, sinxelamente,che gusta ler, pasarás un bo momento e coñecerás moitas cousas dun xeito divertido.

3 de xuño de 2010

A biblioteca en obras


Estamos de reformas, polo que, perante uns días, non se poderá utilizar a biblioteca. Será pouco tempo e esperamos que o sistema de audio que estamos a instalar compense polas molestias.
Grazas por entendelo.
O Equipo da Biblioteca