22 de abril de 2024

I TORNEO DE XADREZ NTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

Bo día, xadrecistas!

Traemos unha boa nova! Queremos anunciarvos que o noso centro será sede do I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado. Nesta primeira edición contaremos con xogadores do IES Espiñeira de Boiro, o IES Camilo José Cela de Padrón e os campións do noso propio torneo. 

O torneo terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril, no salón de actos do noso IES, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde. Os mellores xogadores de xadrez de diferentes centros educativos reuniranse para demostrar as súas habilidades e competir polo título de Campión Intercentros.

O torneo constará de partidas de 8 minutos e nas que irán xogando todos contra todos. Será campión ou campioa aquel con mellor puntuación e haberá premios para o 1º e 2º clasificado.


ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ BIBLIOMACÍAS


Bo día, campións de xadrez!
Estamos emocionados de anunciar os resultados do torneo de xadrez que tivo lugar nos recreos dos últimos meses! Foi unha batalla axedrecística chea de estratexia, intelixencia e moita diversión.

Aquí tendes as iniciais e curso dos 4 primeiros clasificados.

  • 1º Premio: SOC (4º ESO)
  • 2º Premio: ABU (1º BACH)
  • 3º Premio: DUL (1º CS ADMIN)
  • 4º Premio: ABA (1º ESO)
O reparto de premios terá lugar hoxe día 22 de abril no 2º recreo no salón de actos. Este reparto quedará da seguinte maneira:
  • Terceiro e cuarto clasificado: un bono para empregar na cafetería.
  • Primeiro e segundo clasificado: un bono para empregar na cafetería e trofeo.

5 de febreiro de 2024

PONLLE NOME Á BIBLIOTECA

 Deixa no comentario o teu nome proposto. Tes ata despois da Pascua para participar.



25 de xaneiro de 2024

CLUBE DE LECTURA DE PROFES

LISTAXE DE LECTURAS PROPOSTAS PARA ESTE TRIMESTRE 

ACTUALIDADE

TRILOXÍA DE DOMINGOS VILAR: Ollos de auga. A praIa dos afogados. O último barco

DOMINGOS VILAR: Algúns contos completos

RODRIGO COSTOYA: Misarela

ANTÍA YÁÑEZ: Senlleiras

PAULA CARBALLEIRA: As alumnas (Premio Necional de Teatro 2023)

NARRATIVA/TEATRO CLÁSICO


EDUARDO BLANCO AMOR: A esmorga

RAFAEL DIESTE: A fistra baleira

A. D. R. CASTELAO: Os dous de sempre; Os vellos non deben de namorarse; Cousas e Retrincos.

POESÍA ACTUAL

YOLANDA CASTAÑO: Materia (Premio Nacional de poesía 2023)

ROSA ENRÍQUEZ: Vacastras.Vestíbulo da devastación. Historia do meu corpo en labaradas

ALBA CID: Atlas

OLGA NOVO: Feliz Idade

ORIANA MÉNDEZ: O corazón pronúnciase extenso                                                         

PATRICIA BENITO: Primero de poeta

ANTOLOGÍA:  Poesía española 1990-2010

POESÍA CLÁSICA

XELA ARIAS. Tigres coma cabalos

MANUEL MARÍA: Terra Cha

F.G. LORCA: Poeta en Nueva York

PABLO NERUDA: Veinte poemas de amor y una canción desesperada

DELMIRA AGOSTINI: Los cálices vacíos





Deixa o teu comentario sobre a seleción. Nas seguintes entradas incluiranse os títulos que vexades que tamén se poden recomendar.







16 de xaneiro de 2024

 CLUBE DE LECTURA DE PROFES

Neste mes comezará a súa actividade o Clube de lectura do profesorado do IES Macías o Namorado e estará dirixido polo coordinador da Biblioteca.

O coordinador propondrá un libro de lectura por trimestre, o primeiro dunha lista recomendada da que os membros poderán escoller outro ou propoñer unha lectura non incluida na lista por resultar entretida, interesante, atractiva ou divertida.

Unha vez lido o libro, en lugar de facer unha reunión, comentaremos as nosas impresións e  valoracións sobre a lectura no sección PUBLICAR UN COMENTARIO deste blog.




Así, para romper o xeo, comezaremos coa última novela de Pedro Feijoo, Ninguén contará a verdade, Premio Xerais do ano pasado.





A proposta inicial de Antonio foi a lectura de Revolución I de Gouzael e Locars, 
unha novela gráfica sobre a Revolución francesa, da que tedes unha reseña nos comentarios.