31 de outubro de 2018

NUMAX NA ESCOLA: TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO


O luns, 29 de outubro, fomos a NUMAX co alumnado de 4º ESO e 1º BAC para ver o filme de Xiana do Teixeiro "Tódalas mulleres que coñezo". A experiencia foi ben interesante, porque o documental de Teixeiro afonda nun tema de grande interese a día de hoxe: a violencia contra as mulleres.

Xiana dá voz entón a un grupo de mozas que conversan na terraza dun bar sobre este asunto. Cada unha delas conta o que lle pasou e como se sentiu despois. Todas aseguraban, obviamente, sentirse inseguras nas rúas polas noites, por exemplo, porque sempre hai algún "baboso" -dicían- que xera tensión e incomodidade.
A verdade é que este filme debería pasarse en todos os institutos.


CLUBS DE LECTURA DE OUTUBRO

Onte, 30 de outubro, os clubs de lectura da ESO e de Bacharelato disfrutamos do primeiro encontro do curso.

Disfrutamos de reanudar unha actividade tan gratificante; xa tiñamos ganas de reencontrarnos cos nosos corazóns lectores!





A rapazada de 1º estivo comentando coa profesora Isabel Mouriño o cómic de Asterix e Cleopatra. Aproveitando que temos a película na Biblioteca, tamén visionaron uns minutos para comparar os dous formatos nos que se pode atopar a historia.


Os maiores estiveron comentando coa súa profesora, Lourdes Lema, 22 segundos de Eva Mejuto, novela que suscitou bastante debate sobre un tema tan sensible como é o da transexualidade. Tamén visionamos un corto titulado  Vestido Nuevo, un corto trans infantil que mostra unha escena que pode desencadenarse en calquera momento na escola actual.

24 de outubro de 2018

DÍA DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

Neste 2018 cúmprense 120 anos do nacemento do escritor e cen anos do seu primeiro libro, Impresiones y paisajes e; por iso, desde o Concello de Santiago toman a iniciativa da declaración do 25 de outubro como ‘Día de García Lorca en Galicia’ tras unha campaña iniciada pola Editora Alvarellos e, nomeadamente, polo seu director, Henrique Alvarellos que quixo resaltar que Compostela é a cidade “máis lorquiana en Galicia”.

Lorca, quizais un dos poetas máis grandes de todos os tempos, decidíu escribir na nosa lingua. Coñeceu a poesía de Rosalía de Castro e publicou Os Seis Poemas Galego; a publicación en galego con maior proxección internacional. “Llevo a Galicia en el corazón” chegou a recoñecer nunha entrevista en 1933. Unha declaración de amor por unha terra e por unha cultura.

Fonte:  https://nostelevision.gal/compostela-celebrara-o-dia-de-garcia-lorca-en-galicia/


Na Biblioteca están dispoñibles varias obras de Federico García Lorca, pero mañán, sumándonos á homenaxe que lle adica o Concello de Santiago, situaremos nun lugar sinalado OS SEIS POEMAS GALEGOS.


 
 


























 Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.



DÍA DA BIBLIOTECA

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!!



NUMAX NA ESCOLA

O vindeiro luns, 29 de outubro, CINERÁGORA visita a Sala NUMAX para participar no programa NUMAX NA ESCOLA.

Estamos con moitas ganas de que chegue o día porque o filme pinta xenial! Trátase do documental de Diana do Teixeiro: TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO. A directora galega aborda o tema da violencia contra as mulleres neste país. A idea é amosar o desequilibrio social. Poderemos escoitar a conversa dunhas mozas sobre a sensación de incomodidade, ou mesmo acoso, que senten en situacións cotiás, tanto no entorno laboral como no espazo educativo. A cousa promete!

http://www.cinemaldito.com/todalas-mulleres-que-conezo-xiana-do-teixeiro/




UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN

A semana pasada houbo outra reunión do Club de Lectura que leva Ana Pose. O texto sobre o que se falou foi  ESTA PRESA, de Yolanda Castaño.




Nesta semana a profesora sorprenderá o alumnado cun  texto de Castelao ou ben de Rosalía.
Agardamos que continúe en racha, porque o entusiasmo do grupo e da profe son ben de agradecer!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A NOSA BIBLIOTECA



Velaquí as últimas adquisicións para a Biblioteca.

Protagoniza o noso andel de exposicións INVISIBLES, de Montse Fajardo, que virá no mes de novembro para falar co alumnado de 1º BAC e 4º ESO sobre o libro. Esta charla, organizada polo Dpto de Normalización,  que leva Matilde Pena, ten un grande interese para nós, dada a importancia que lle concedemos neste espazo á produción cultural das mulleres.


Como vedes, tamén figura O PUÑO E A LETRA, a antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. Neste obxecto-libro recóllense textos da autora pertencentes ao Libro da Egoísta ou Delicia, entre outros. Marabillosos poemas aos que poñen imaxes grandes ilustradoras e ilustradores.


Eis algúns nomes:  Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias...


E seguindo coa poesía, tamén vos presentamos "SEIS POEMAS GALEGOS", unha edición ilustrada de Carlos Fernández e Sally Cutting. Delicatessen!!

E ademais velaquí tendes breves manuais de Filosofía, unha área á que lle queremos prestar moita atención, como estes que se ven na imaxe: Leibniz en 90 minutos, Kierkegaard en 90 minutos, ou, La Potencia  según Nietzsche.



Outra das novidades é o libro que vedes arriba.  Non deberíades deixalo pasar sen lelo!

LA  FILOSOFÍA CONTADA POR SUS PROTAGONISTAS III, pretende facer visíbel o pensamento de filósofas ben interesantes como MARÍA ZAMBRANO, HANNAH ARENDT, SIMONE DE BEAUVOIR e ESPERANZA GUISÁN.





 


11 de outubro de 2018

Club de lectura - Outubro



DÍA :                   30 DE OUTUBRO

LUGAR:                BIBLIOTECA DO IES MACÍAS O NAMORADO

HORA:                 15:15





22 segundos, Eva Mejuto
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida”.












Asterix e Cleopatra, R. Coscinny

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de  lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...
 Nesta ocasión, Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!








Felices lecturas!

10 de outubro de 2018

NOVA SESIÓN CINERÁGORA: ISLAND







Este luns, 8 de outubro, o alumnado do noso Cinerágora acudiu ao centro pola tarde para ver ISLAND.
Despois de vela tivemos unha conversa ben interesante sobre a cuestión da intervención xenética e as consecuencias de clonar seres humanos, ou crear intelixencia artificial con conciencia, sen termos reflexionado sobre cales serían os dereitos destes novos seres e cal a nosa relación con eles. Pensamos que non contemplar esta cuestión dende un punto de vista ético podería derivar nunha nova escravitude...



ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN



Deu comezo o Club de Lectura que conduce Ana Pose: ÁGORA: UN TEXTO, UNHA EMOCIÓN. Eis o alumnado participante lendo o poema que lle foi entregado a principios da semana pasada para comentalo o venres, 5 de outubro.

Este ano, as lecturas deste Club versarán sobre emocións ou sentimentos. O mes de outubro o tema será O AMOR. Nesta ocasión falouse dun poema de Girondo. Ana decidiu proxectar imaxes dalgunhas obras de Chagal para acompañar a conversa e "poñer cara" as palabras e a reflexión que estas suscitan.

Pensamos que a reunión foi ben, así é que estamos moi contentas. E esta semana máis e mellor!
Moitos parabéns ao alumnado participante e a súa profe, que é fantástica!

Por certo, por se se animar alguén máis, aclaramos que neste Club de Lectura os textos son moi breves. A extensión máxima é dun folio.