27 de marzo de 2019

REUNIÓN CLUBS DE LECTURA ÁGORA: EXITAZO!!!


Velaquí tendes lagunhas imaxes das nosas lectoras máis animadas - Blanca Esperón, María Senra e mais Aldara Hernaiz- na reunión de onte para falar do libro deste mes: NADIE NOS OYE, de Nando López. Este apaixoante thriller capturou a atención dos clubistas, que, como vedes, asistiron en masa á reunión con Lourdes Lema. Non fallou ninguén! BRAVO!





Eis outra imaxe que reflicte o éxito da reunión! Ledicia grande de vos ver a full co noso Club de Lectura!!!








E agora deixámosvos outra fotaza do alumnado do Club de Lectura que xestiona Isabel Mouriño. Aquí están á sombra da palmeira, despois de cometaren TAM, o libro que lles tocaba este mes. Este cómic, de Anémona de Río, tamén gustou moito, así é que si, estamos satisfeitas do resultado desta reunión. Moitos parabéns entón a Isabel e ás súas/seus clubistas!!!



SEGUNDA SESIÓN DE MANGA CON PALMIRA


Velaquí tendes a Palmira -alumna de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 2º curso-, na segunda sesión sobre MANGA co alumnado de 1º ESO  A , ao que tamén acudiu o profe de Lingua e Literatura Galega, Xesus, e mais Carmen, a xefa do Departamento de Orientación. A verdade é que nos gustou moito este Obradoiro de Manga. Daquela,  agradecemos a Palmira a xenerosidade de seu ao querer colaborar co Equipo de Dinamización da Biblioteca partillando os seus coñecementos sobre o tema. Con esta actividade desexamos facer visíbel, unha vez máis, que as persoas atopan maior beneficio na colaboración que no individualismo. Por esa razón, e dado que tamén somos da opinión de que todos aprendemos de todas -e viceversa-, estamos satisfeitas de materializar este tipo de aprendizaxe que, alén de coñecementos concretos, favorece a integración e a posta en valor de habilidades que non sempre son percibidas no noso sistema educativo. Palmira constitúe un bo exemplo disto que explicamos.


Moitas grazas Palmira! PASÁMOLO MOI BEN CONTIGO E APRENDEMOS UN MONTÓN!!


Grazas tamén a Carmen, a nosa Orientadora, e mais a Xeus e Ana Pose por estardes dando apoio co voso exemplo ao participardes neste Obradoiro de Manga co que nos agasallou Palmira!











22 de marzo de 2019

Biblionamorad@s con los jóvenes talentos de Padrón


 Hoy, nuestros alumn@s, Nikolás Vidal Pérez, Estela Torrennte Miguéns, Noé Cancela Otero y Miguel Rial Rodríguez, han participado en la 59ª Edición del Concurso de Jóvenes Talentos de Coca-Cola.

El incentivo literario presentado fue un reloj de arena que contenía la siguiente oración "La arena se escapaba lentamente".
  
Sin perder tiempo, sus cabezas comenzaron a imaginar los mejores relatos cortos llenos de ingenio y originalidad.

Esperamos la decisión del jurado, pero, desde biblionamorad@s, ya los consideramos ganadores por su valentía y ganas de demostrar su TALENTO.

¡¡¡¡¡FELICIDADES!!!!!

 

20 de marzo de 2019

Clubs de lectura - Marzo


OBRADOIRO CON PALMIRA, ALUMNA DE CICLOS



O pasado xoves, 14 de marzo, a quinta hora, o alumnado de 1º ESO A tivo un encontro con Palmira, unha alumna de Ciclos do noso centro, para facer un obradoiro sobre MANGA.
A verdade é que nos encantou! Palmira conseguiu captar a atención de rapazas e rapaces, que non dubidaron en facer preguntas e participar na proposta final que Palmira lles fixo: realizar un debuxo manga.


Mañán xoves, 21 de marzo, teremos outro obradoiro de Manga, tamén con Palmira, pero, desta vez  con 1º ESO B. Que ganas!



ENCONTRO CON SUSANA ARÍNS

O pasado luns, 11 de marzo, tivemos con nós a escritora Susana Aríns para conversar con ela sobre o seu libro SEIQUE. A verdade é que este encontro resultou ben estimulante. Non só para o alumnado do Club de Lectura que coordina Lourdes Lema, mais tamén para o profesorado que participou na actividade. Este libro de Susana pareceunos moi interesante en todos os sentidos. Dende o punto de vista do contido sentimos que o tema nos atrapaba. Aríns relata nestes microtextos que conforman o seu libro aspectos biográficos da familia de seu. Sabemos entón, a través da lectura, algúns "detalles" de seu tío Manuel e mais Ramón, ambos os dous fanxistas. "o tio manuel e o tio ramom da veiga -comeza no fragmento titulado "a balança"- nao eram iguais. o tio ramom também era falangista, mas dos bons. -pode isto ser así?; preguntámonos nós- este matiz -continúa a narradora- nas falas da avó gloria nunca eu o percebera mui bem"

Pensamos que Susana Aríns realizou un traballo de investigación familiar difícil e duro, porque iso de entrar na intrahistoria de curmás, tíos, tías, avoas e demais persoas dese universo doméstico, que, normalmente, consideramos un espazo privado, revela unha clara e lúcida consciencia diso que afirmaban as feministas norteamericanas dos anos 60 e 70 ao respecto da familia nuclear: o persoal é político. Esta frase foi popularizada nun ensaio de de Carol Hanish, mais ela rexeita a autoría. Moitas outras feministas desta época -Kerry Burch, Shulamith Firestone ou Robin Morgan- fan o mesmo, así é que nos quedaremos co significado que ten e a súa repercusión na análise da espiral de violencia que se produce no ámbito privado en relación ás mulleres principalmente, mais tamén ao resto de integrantes da familia, que, entendemos nós, por algunha razón non teñen unha "posición de poder" nela. No caso concreto do SEIQUE puidemos comprobar como á violencia xerada polas cuestións políticas -enfrontamento entre falanxistas e persoas de esquerdas, moitas delas comunistas e anarquistas- se engadiu a propia violencia existente na súa familia. Aí está o caso, por exemplo, do avó Ramiro, do que nun fragmento do libro "deixa caer" que lle tiña batido a súa muller, isto é, "a avó Gloria"

Ao lermos unha historia tan dura, na que autoenganarse sería o máis cómodo para autora, puidemos comprobar que Aríns elixiu o camiño máis duro e difícil. Isto require bastante valor. Por esa razón lle preguntamos como xestionou as relacións cos seus tíos, tías etc, a partir da publicación do SEIQUE. Segundo ela nos explicou, houbo un pouco de todo. Un sector da familia incomodouse, outro decidiu non ler -para non ter que lembrar todo aquilo- e outro máis non dixo ren. Iso si, Aríns deixounos moi claro que contou co total apoio de seu pai, que, ante a proposta de Susana de mudar os nomes reais e poñer outros ficticios - "para lle evitar desgustos"-, dixo rotundamente que non. Un tipo honesto o pai de Aríns. Sen dúbida. Como vedes, o diálogo foi intenso e fluído. Nel participaron tamén algunhas profesoras con imaxes de familiares que tamén viviron os enfrontamentos do 36 ou as súas consecuencias. Agradecemos entón ás profesoras, Carmen Martín e Carme Saborido -esta última foi a mantedora deste modesto acto- que nos relatasen parte da súa intrahistoria familiar. Tamén ás alumnas Blanca Esperón, que nos falou do seu bisavó ao que chamaban  "cuneteiro", Nerea Hernández, que nos falou da historia da súa avoa en Cuba como emigrante, e Aldara Hernaiz que nos relatou unha historia de amor ben bonita entre o seu avó, de clase obreira, e a súa avoa, pertencente á unha familia acomodada que non aceptaba ben esta relación.

Ben, á marxe desta charla ao redor da temática da libro, quixemos tamén poñer o foco na forma de seu, nesa estrutura ben definida ao redor deses micorrelatos, que combinan diferentes rexistros -poético, narrativo, coloquial- e xoga con formatos clásicos como a presencia dese coro, que tanto nos gustou. Entendemos que esas repeticións actúan ao xeito dun mantra na conciencia lectora, para que non esqueza algo importante, por exemplo, que o mal non é en absoluto banal, que importa e que, ademais de ter serias repercusións nas súas vítimas, pode estenderse de xeito indiferente coma unha marea e incrementar así o seu efecto. Pensar que alguén que exerce o mal sobre unha persoa non nos elixirá a nós, en vindeiras ocasións, como novas vítimas é absurdo pero sucede. Talvez por iso, porque ese pensamento ridículo se dá a pesar de todo, o coro insiste en recomendar prudencia: "se foi assim de mau com a irma, como seria cos de fora...". Efectivamente, como sería cos de fóra? Peor, claro.