19 de março de 2012

Premiadas no concurso "Acrósticos de amor"

Dúas alumnas de 2º ESO resultaron premiadas co 1º premio e un accésit. Estos son os seus nomes e as súas obras :
1º premio: Raquel Martínez Pereiras, co acróstico Veinte poemas de amor y una canción desesperada

Título: Mi amor tiene dos vidas para amarte

Ven a ver los cerezos del agua constelada
El mundo era el aire que esperaba
Indígname si quieres con tus ojos nocturnos
Ni un amor desventurado
Te quiero porque solo a ti te quiero
En esta histoira sólo yo me muero

Por eso toca el vals de la serena luna
Oh amor, oh rayo loco y amenaza púrpura
El pabellón del mar olvidado en la arena
Mi amor tiene dos vidas para amarte
Antes de amarte, amor, nada era mío
Sentir la suavidad que cambió mi destino

De noche, amada, amarra tu corazón al mío
El alba llenó todas las copas con su vino

A tu voz diurna y a tu piel nocturna
Mi bella eres hermosa como el viento
Ola por ola amor he contado tu cuerpo
Razón y amor desnudos viven en esta casa

Y por amor seré, serás, seremos
Una mujer, un hombre, y el invierno en la Tierra
Nuestros besos errantes recorrieron el mundo
Amor cuántos caminos hasta llegar a un beso.

Cuando sobre los pueblos palpita tu estandarte,
Allí sé que tus ojos penetrarán
Ninguna más amor dormirá con mis sueños
Cantan mujeres locas despidiendo a los ríos
Imponiendo el mandato de la luna silvestre
Oh, corazón, oh mía desde todo el silencio
No me olvides acuérdate de que te amo

Desde hace mucho tiempo la tierra te conoce
El resplandor de nuestro amor seguirá vivo
Sabrás que no te amo y que te amo
Eres, y yo te miro recostada en la Tierra
Solo quisimos sólo amor, amarnos
Por eso canto al día y a la luna
Es la risa del aire desatado en la altura
Recordarás tal vez aquel hombre afilado
Ávido de borrar hasta la ausencia
Descansa en mí, cerremos tus ojos y los míos
Aquí estamos al fin sin soledad y solos

Accésit: Andrea Martínez Rial, co acróstico Romeo y Julieta.

Sin título

Rumor de besos y batir de alas
Oigo flotando en olas de armonía.
Misteriosos espacios que separan
El agudo aguijón que el alma encona.
¡oh! Si las flores duermen...

Y con un saludo,
Jugando llamarán.
Un cielo gris, un horizonte eterno.
¡Llevadme con vosotras!
Isla de sueños donde reposa
El alma ansiosa
Turbando su triste calma
Al través de tus párpados, dormida.

12 de março de 2012

Con nome de muller

7 IES dos 254 que hai en Galiza levan nome de muller: Rosalía de Castro (Compostela), Sofía Casanova (Ferrol), Concepción Arenal (Ferrol), Maruxa Mallo (Ordes), María Casares (Oleiros), María Sarmiento (Viveiro), María Soliño (Cangas). Por que?

Open publication - Free publishing

Por que non estes outros?
- María Mariño
- Emilia Pardo Bazán
- Carolina Otero
- Olimpia Valencia
- Coralia Fandiño
- Maruxa Fandiño
- María Balteira
Se queres aportar outro nome , entra nos comentarios e deixao. Subirémolo á páxina.

5 de março de 2012

Libros, moitos libros


Aquí tes dúas entradas para ler libros en moitos idiomas:
A primeira, lévate á páxina do Libro Total (tes tamén un enlace perenne na dereita do blog, baixo o nome Todos os libros).
A segunda é unha dirección ao material bibliográfico da UNESCO.
Esperamos que vos sexan de interese.

27 de fevereiro de 2012

Sempre Rosalía

Despois de 175 anos do seu nacemento, lembramos a figura de Rosalía de Castro e da súa obra.
Escoita Unha vez tiven un cravo ; este é o poema que condensa mellor que ningún a insatisfacción romántica.
E, de Cantares gallegos, o nostálxico Adiós, ríos; adiós, fontes

Adiós, ríos; adiós, fontes;

adiós, regatos pequenos;

adiós, vista dos meus ollos:

non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,

terra donde me eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña do meu contento,

muíño dos castañares,

noites craras de luar,

campaniñas trimbadoras,

da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras

que eu lle daba ó meu amor,

camiñiños antre o millo,

¡adios, para sempre adios!

¡Adios groria! ¡Adios contento!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conozo

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

deixo a veiga polo mar,

deixo, en fin, canto ben quero...

¡Quen pudera non deixar!...

13 de fevereiro de 2012

14 de febreiro... Oh, l´amour!


Queres divertirte un pouco? Ven á biblioteca nos dous recreos e tenta armar os rompecabezas que encontrarás na caixa do amor.
Se o consegues, terás dereito a un regalo amoroso que che entregará a persoa encargada da biblioteca á quen lle ensinarás o corazón poético armado.
Sorte ... no amor!

Charles Dickens, 200 aniversario


Cúmprese este ano o douscentos aniversario do nacemento de Charles Dickens, o escritor inglés autor de obras inesquecibles , como Conto de Nadal, Grandes esperanzas, Oliver Twist, e un longo etcétera que podes ler con so un clic.
Para saber da sua vida, pincha na palabra e , para acceder á sua obra, tes unha mostra na primeira citada (para desplazarte pola obra, vai poñendo o cursor por riba dos capítulos). Se , despóis, queres ler outras, non tes máis que buscar na páxina da wikipedia.

6 de fevereiro de 2012

Falamos de amor



CONCURSO DE ACRÓSTICOS DE AMOR

A biblioteca convoca o 1º concurso de acrósticos amorosos. Como hai que facer?

1. Elixe o título dun libro que trate de amor ( Los amantes de Teruel, Romeo e Julieta, Romance de Micomicon…).

2. Pon en vertical as letras que o compoñen, para formar logo versos acrósticos.

3. Colle un libro de poemas dun autor que che guste.

4. Vai trasladando ó teu acróstico un verso que empece coa primeira das letras do título que elexiches; logo, outro que comece coa segunda; e así, sucesivamente. Ten en conta que cada un dos versos que traslades debe ter algo que ver co amor, para que ó final teñas un poema amoroso.

5. Escribe o teu poema resultante nun folio (emprega o ordenador e a impresora) e ponlle un título.

6. Méteo nun sobre grande no que porás o título do teu poema e un pseudónimo

( co que ocultarás o teu nome verdadeiro).

Tamén no mesmo sobre meterás outro pequeño no que porás o mesmo que puxeches no grande; pero, dentro diste, meterás unha folla na que escribirás o teu nome verdadeiro e o curso ó que pertences.

7. Entrega este sobre pechado na biblioteca en calquera dos recreos. Tes de prazo até o día 17 de febreiro.

8. O gañador ou gañadora (so haberá un premio) recibirá un agasallo MOI AMOROSO, o venres 2 de marzo no segundo recreo.


SORTE !!!