Canto sabes de Xela Arias? Na seguinte ligazón podes resolver un "rosco" de pasapalabra sobre esta autora.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/8850150-pasapalabra_xela_arias.html
Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas dedícase á poeta XELA ARIAS. Deixámosvos aquí un video curtiño para vos achegar á vida e á obra desta escritora.
Na ligazón seguinte podes participar no xogo DESCUBRINDO A XELA ARIAS. Terás que ir seguindo unhas pistas para intentar resolvelo. Anímate a xogar!
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA BILIOMACIAS DE 3º E 4º DE ESO
Para este trimestre, escollemos como lectura O diario violeta de Carlota de Genma Lienas. Tocaba mirar o mundo cuns lentes violetas e as /os compoñentes do club de lectura Bibliomacias estiveron á altura. Resultou ben gratificante escoitar os seus comentarios sobre o libro e a súa mensaxe.
Na obra distínguense dúas tramas; por un lado a vida persoal de Carlota ( a importancia das amizade, a convivencia cos pais e cun molesto irmán pequeno, o primeiro amor…) e por outro lado a descuberta , da man da súa avoa , do que significa o feminismo.
Carlota descobre a terrible situación que viven as nenas nalgúns países só polo feito de seren mulleres. Pero tamén aprende tamén a recoñecer os micromachismos que perviven na nosa sociedade, e que nos pasan desapercibidos de tan aprendidos que os temos.
Unha lectura amena, reveladora e interesante que vos recomendamos sen dúbida ningunha.
Non se pode dicir que non aproveitamos ben esta semana. Aínda que de xeito virtual, tivemos o pracer de recibir no instituto a dúas escritoras: Andrea Maceiras e María Reimóndez.
O luns, María Reimóndez comentou co alumnado de 4º de ESO a súa obra A dúbida. María foi esmiuzando os temas reflectidos no libro: violencia de xénero, abusos sexuais a menores, pederastia, explotación de menores etc. Pero tamén lembrou as mulleres valentes coma Deli, a protagonista, que loitan por sacar a verdade á luz. Ler esta obra lévanos a reflexionar sobre un tema tan grave e que non sempre está suficientemente visibilizado.
Comentamos
con Andrea a actitude dos
personaxes, os capítulos que máis nos impactaron, o proceso de
creación do libro etc. Pero tamén falamos de acoso, de acosadores activos e
pasivos, de respostas, de solucións… e aínda nos quedou tempo de coñecer unha das súas gatas.

Moitas grazas ás dúas escritoras pola súa visita
Con motivo do Día do Libro, dende a Biblioteca temos previstas dúas actividades para o día 23 e para o día 27 na ESO.
A primeira actividade do día 23 consiste en ler fragmentos de textos clásicos en galego (1º da ESO) e castelán (3º da ESO) nas clases correspondentes.
A segunda actividade, está prevista para o martes día 27, tamén nas aulas, e consiste en que o alumnado de 3º/4º ESO comente algunha das súas lecturas preferidas ao alumnado de 1º/2º ESO e viceversa.
A intención do equipo da Biblioteca era facer unha actividade na Biblioteca e/ou Salón de Actos nas dúas últimas horas do venres 23 para o alumnado da ESO mais, dadas as actuiais circunstancias, vémonos obrigados a facer esta pequena homenzaxe ao libro na aulas correspondentes da ESO.
Os mellores libros son aqueles que, despois de lidos, todo o mundo pensa que tería dito o mesmo. Blaise Pascal