19 de novembro de 2008

HOXE FOTOS, MIRADE.

Para comezar, aí quedan as imaxes dalgúns membros do Club de lectura de 4º E.S.O. A e 2º E.S.O B que participaron na excursión que realizamos o martes á cidade da Coruña. Os de 1º E.S.O A e B tamén viñeron mais non temos fotos. (Eles sairán aquí, nesta páxina nun vídeo que poremos en breve)
Se vos fixades ben nos alumnos aquí retratados pensaredes que están algo tolos, mais, cando un lles colle cariño, a cousa está clara, bendita loucura! Un bico para eles
























MÁIS FOTOGRAFÍAS:
A profesora de galego, Cristina Lerma, e os seus alumnos de E.S.O. B fixeron no noso centro unha humilde homenaxe ao recentemente premiado Agustín Fernandez Paz, de quen xa falaramos noutro post.
Agora, as nenas e nenos do Club de lectura de 1º E.S.O.están a ler unha das obras deste autor, Rapazas, ed. Xerais
Deixamos aquí unhas fotos para que vexades o traballo da nosa compañeira,Cristina Lerma, sempre implicada cos seus alumnos en actividades extraescolares. Onte, por exemplo,xunto con Matilde, a profe de inglés, organizou o magosto.
Parabéns para elas!






AXIÑA COLGAREMOS NUN POST O VÍDEO QUE RECOLLE A VISITA DE RIVADULLA-CORCÓN AO NOSO CENTRO.

7 comentarios:

isinha_16 dixo...

Poderiase decir que as fotos da excursion a Coruña son especiais...
Bendita locura, non si?
Pero unha pequena observacion,
faltou comentar que os de terceiro tamen foron. Eu salo na primeira foto e non son nin de 2º nin de 4º.
As fotos boisimas, dende logo.
Un bico.

isinha*

Alex Ríos dixo...

Que guapos! Sen dúbida eso de non ir a clase favorécenos. Habería que facer estas excursións máis a miúdo e ía ver Chicho como as notas melloraban que parece que nos teñen no cárcere. Por ahí quizáis nos falte a foto dalgunha das maravillosas profesoras que nos acompañaron nesta viaxe "cultural".
Por certo Rosa moi ben escollidas as fotos aínda que espero que non as vexa niguén porque a reputación do instituto derrubaríase; con esas caras... Ah! Estanme a recordar que falta unha persoa por nomear e que quere ter un pouco de protagonismo protagonismo, Isabel Gómez de 3ºA. Resumindo foi un día de moitas risas e uns minutiños de lixeiro aburrimento xeral na exposición de fotografía. E recalcar tamén que María e Xulia gañaron aos seus irmáns maiores (Noemi e Eloy respectivamente).
E tes moita razón, son xa catro anos todos xuntos e a maioría coñecémonos á perfección. Rosa, ti xa sabes cales son os nosos puntos débiles e tamén os fortes, pouco a pouco vas coñecendonos e espero que, como me pasa a min polo menos, nos vaias collendo cariño co paso dos anos. Aquí remato dando a noraboa tamén aos rapaces que lle fixeron esa pequena hmenaxe a Agustín Fernández Paz. Gran día e desexando repetilo. U saúdo, uha aperta e un bico...


":_@L3X_:"

isinha_16 dixo...

Alex tes todo o meu apollo, as viaxes culturais sempre favorecen...
E por certo Rosa! Na batalla de concentracion ganaches pero algun dia vasme ter de dar a revancha...
A coidarse! Biquiños^^

-[@dry]- dixo...

Pois sen dúbida alex e isinha un día moi especial. Pasámolo moi ben na Coruña e tendes razón hai que facer máis viaxes deste tipo. Un saúdo a todos e a Rosa por subir estas fotos e crear este espazo.

Silvia dixo...

Bueno pois sen nada que obxectar o martes foi un dia como Dios manda.. :D
Eu paseino de medo.. asique Rosiña.. organiza máis excursións coma esta que estuvo moi ben!!
Un biquiño
SilvinHa*

Olivia dixo...

Claro que sí! O martes unha grandísima excursión, a pena é que non as facemos todo o que nos gustaría mais...de vez en cando da gusto que alguén se preocupe por cambiarnos un pouquiño a rutina e facernos un día máis agradable.
Para min a excursión foi moi divertida agás na exposición de fotografía...creo que aínda non teño a suficiente sensibilidade como para saber interpretala e apreciala, pero din que un acostumase ás cousas cando as proba así que polo menos poderei dicir que vin unha exposición de fotografía. Na Domus sí que o pasei ben, e mira que fun veces, pero volver a estar alí dentro...recordoume ás veces que fun alí cos mesmos compañeiros de clase, cando éramos pequenos, cando corriamos por alí adiante, e por un momento, volvín a sentirme pequena!
A verdade é que cando souben que ias poñer as fotos dixen eu "Olivia, mentalízate, as fotos non has vas escoller ti polo tanto non vas sair como ti queres" pero foi moito mellor do que esperaba, nin eu as escollería mellor!
Grazas Rosa por molestarte en subir estas fotos aínda que case todos xa puxemos algunha no noso fotolog, aquí é onde mellor están.
Bueno, o dito, bicos e unha aperta.


P.D: Que sepas, Rosa, que escribín todo en galego facendo un esforzo porque sabía que a ti gustaríache máis leer os comentarios en galego.

Olivia dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.