23 de outubro de 2011

A Biblioteca convoca o III Certame de microrrelatos

 SEMANA DO TERROR


Terror 2011 on PhotoPeach

III Certame de microrrelatos Macías o Namorado
“A Casa de Cadavid”
Corren rumores de pantasmas, meigas, espíritos e demais entes nos arredores do instituto Macías o Namorado. Que hai de verdade?
Dende a biblioteca propoñémosche que nos achegues información sobre este tema. Podes facelo de dúas maneiras:
Velaí as bases:

Modalidade A: Traballo de investigación1. Recollerás información acerca da Casa de Cadavid e todo o que dela se di: a lenda e a realidade. Poderás preguntarlles aos veciños do lugar, aos vellos que saben a historia, mesmo ás pedras se consegues que che falen…
2. Indicarás a idade e nome dos informantes, así como a relación de parentesco e o lugar ao que pertencen.
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5.
5. Na portada figurarán o título e o seudónimo do autor ou autora.
6. Entregarase unha copia en papel e outra en formato dixital (CD). Ambas as dúas deberán introducirse nun sobre grande en cuxo exterior figurará a modalidade elixida, o título e o seudónimo.
7. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
8. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.

Modalidade B: Relato fantástico1. Redactarás un texto de terror que teña por tema a Casa de Cadavid.
2. Terá unha estensión exacta de 20 liñas (sen contar o título).
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5
5. Entregaranse dúas copias do microrrelato nun sobre grande no que figurarán a modalidade elixida, un seudónimo e o título do relato.
6. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
7. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.


O premio (uno para cada modalidade) fallarase a principios de decembro e o gañador ou gañadora levará un agasallo terrorífico.

Ningún comentario: