A escritora canadiana, Alice Munro, foi galardoada co Nobel de Literatura 2013. O xurado referiuse a ela como " a mestra do relato curto". Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas da lingua inglesa pola súa particular visión da condición humana.
Súa nai era profesora e seu pai granxeiro. Comezou a estudar xornalismo e filoloxía inglesa na universidade de Ontario, pero abandonou os estudos ao casar co seu primeiro home en 1951.
Comezou a escribir na súa xuventude publicando en varias revistas , pero non publicou o seu primeiro libro Dance of the Happy Shade até 1968, co que obtivo moi boas críticas en Canadá.
Aclamada
pola claridade do seu estilo narrativo e o
realismo psicosocial, algúns críticos considérana a Chejov actual.
As súas historias polo xeral desenvólvense en
pequenas localidades, onde a loita por unha vida socialmente aceptable
provoca relacións tensas e conflictos morais. Os seus textos
contan representacións da vida cotiá, pero afrontando
acontecementos decisivos.
" Soemos dicir que hai cousas que non se poden perdoar, ou que nunca poderemos perdoarnos. E con todo facémolo, a todas horas".
" Soemos dicir que hai cousas que non se poden perdoar, ou que nunca poderemos perdoarnos. E con todo facémolo, a todas horas".
Alice Munro. 'Vida querida',
Para disfrutar dalgún relato completo da autora pinchade aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario