Este venres 21, o profesor e premio Xerais de novela Manuel Lorenzo Baleirón, presentará no salón de graos o seu último libro Sen agardar a Ulises. Con el , Baleirón pretende achegar a figura de Rosalía a lectores doutras linguas. En palabras del " é importantenon perdermos esta oportunidade de ofrecerlle a
nosa mellor literatura ao mundo e de achegar a outros países a
personalidade e a obra que sostén a nosa construción cultural”.
A obra ‘Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía’, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, inclúe unha tradución ao castelán, realizada polo propio Manuel Lorenzo Baleirón; ao inglés, da autoría de John Rutherford; e ao francés, de Christine García.
Temos unha excelente oportunidade de coñecer facetas descoñecidas da vida de Rosalía e a inmensa sorte de escoitar de novo ao noso compañeiro e profesor do centro.
Co gallo da presentación do seu libro, o autor concedeu unha entrevista ao programa da TVG "Zig-zag" Se queres ver a entrevista clica aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario