Hoxe mércores, 16 de decembro a nosa biblioteca acolle entusiasmada a presentación do novo libro da nosa compañeira Rosa Enríquez, Historia do meu corpo en labaradas.
O libro fala do coñecemento e o recoñecemento da nosa
corporeidade, de como o corpo que somos vese sometido a xuizo, non só
alleo senón tamén propio. Hay neste
libro, ademáis, outro corpo que se declara en labaradas porque pretende
explorar máis aló de si mesmo.
É, coma sempre, un pracer escoitar falar a Rosa e disfrutar coa lectura da súa poesía.
Aquí podedes ler un fermoso artigo publicado por Teresa Moure en praza.gal sobre a obra de Rosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario