Ola a tod@s!!
Xa estamos de volta das vacacións de Nadal con moita ilusión e enerxías renovadas!!
Por iso, sen esperar máis, o club de lectura reunirase o próximo martes 16 de xaneiro na biblioteca para comentar a última novela que leremos este curso dun dos nosos escritores favoritos:
Agustín Fernández Paz.
Nesta ocasión comentaremos: "Contos por palabras".
Os once relatos reunidos neste libro son moi diferentes entre si, máis teñen unha orixe común: todos eles naceron a partir dos anuncios por palabras que atopamos a diario nos xornais.
A galería de personaxes destes contos é tan insólita como variada: un unicornio solitario, un Spiderman moi habilidoso, un vampiro sen emprego, un home lobo namorado, unha nai obsesionada pola publicidade, un león con alopecia, un bruxo fascinado pola informática...
Contos por palabras destaca pola súa orixinalidade tanto nas historias como na forma de narralas. Un libro xa clásico que aposta de forma decidida pola fantasía e o humor.
PREMIO LAZARILLO 1990
LISTA DE HONRA DO IBBY 1992
Ningún comentario:
Publicar un comentario