O club de lectura dos "maiores" tampouco faltou a súa cita cos libros na nosa Biblioteca.
Dolores Redondo non defraudou @s nos@s lectores/as!!
El guardián invisible un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e
científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora
Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha
adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha
mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa
identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a
Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu
pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.
Hoxe, ademáis, tivemos unha sorpresa especial.
Laura presentounos e convidounos a ler un libro que descubriu hai pouco tempo; INDOMABLE un fenómeno superventas de poesía e a voz máis irreverente de Twitter.
Vémonos no mes de abril!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario