NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A NOSA BIBLIOTECA
Velaquí as últimas adquisicións para a Biblioteca.
Protagoniza o noso andel de exposicións INVISIBLES, de Montse Fajardo, que virá no mes de novembro para falar co alumnado de 1º BAC e 4º ESO sobre o libro. Esta charla, organizada polo Dpto de Normalización, que leva Matilde Pena, ten un grande interese para nós, dada a importancia que lle concedemos neste espazo á produción cultural das mulleres.
Como vedes, tamén figura O PUÑO E A LETRA, a antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. Neste obxecto-libro recóllense textos da autora pertencentes ao Libro da Egoísta ou Delicia, entre outros. Marabillosos poemas aos que poñen imaxes grandes ilustradoras e ilustradores.
Eis algúns nomes: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran
Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David
Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba
Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú
(Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David
Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López
Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy
Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba,
Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando
Iglesias...
E seguindo coa poesía, tamén vos presentamos "SEIS POEMAS GALEGOS", unha edición ilustrada de Carlos Fernández e Sally Cutting. Delicatessen!!
E ademais velaquí tendes breves manuais de Filosofía, unha área á que lle queremos prestar moita atención, como estes que se ven na imaxe: Leibniz en 90 minutos, Kierkegaard en 90 minutos, ou, La Potencia según Nietzsche.
Outra das novidades é o libro que vedes arriba. Non deberíades deixalo pasar sen lelo!
LA FILOSOFÍA CONTADA POR SUS PROTAGONISTAS III, pretende facer visíbel o pensamento de filósofas ben interesantes como MARÍA ZAMBRANO, HANNAH ARENDT, SIMONE DE BEAUVOIR e ESPERANZA GUISÁN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario