22 de abril de 2024

I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

Bo día, xadrecistas!

Traemos unha boa nova! Queremos anunciarvos que o noso centro será sede do I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado. Nesta primeira edición contaremos con xogadores do IES Espiñeira de Boiro, o IES Camilo José Cela de Padrón e os campións do noso propio torneo. 

O torneo terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril, no salón de actos do noso IES, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde. Os mellores xogadores de xadrez de diferentes centros educativos reuniranse para demostrar as súas habilidades e competir polo título de Campión Intercentros.

O torneo constará de partidas de 8 minutos e nas que irán xogando todos contra todos. Será campión ou campioa aquel con mellor puntuación e haberá premios para o 1º e 2º clasificado.


Ningún comentario: