19 de febreiro de 2009

ALBERTE VILLAMARÍN, PROTAGONISTA DA SEMANA

En todas partes onde alguén pranta unha semente, pode agromar sen dúbida un froito que, de cando en vez, resulta exquisito para o noso padal. É o curioso e sutil fío que ensarilla sensibilidade e intelixencia orixinando un suxeito creador que é quen de sublimar a percepción da realidade e das emocións nuns trazos fabulosos...

Alberte Villamarín, moi aprezado por compañeir@s e profesor@s, vén de gañar o 1ª Premio do Certame Novos Valores 2008 convocado polo Concello de Brión.
A entrega do premio, presidida polo edil Xosé Luís García e a Concelleira de Cultura Patricia Vázquez, entre outros, tivo lugar no Hotel Balneario Compostela o venres 13 de febreiro, un día que Alberte xa non esquecerá.
Dende a nosa Biblioteca e o noso Club de Lectura "Liñas de fuga", do que Alberte é un dos participantes máis activos,queremos darlle os parabéns a este alumno e ao seu profesor de Plástica, Manuel de la Rosa, que en todo momento potenciou o talento de Alberte facendo xurdir este froito saboroso.
Alberte,aquí, no instituto, estamos orgullosos de ti.






4 comentarios:

Biblioteca dixo...

Parabéns, Alberte!!!!
Es un artista e nos aledamos dos teus éxitos que son un pouco de todos....
Este é un primeiro paso dos moitos que seguro vas dar...
Bicos dende a biblioteca

Silvia dixo...

Parabens de Silvia d 4º
bicos

Fany dixo...

parabens alberte!!

es o orgullo do instituto!!

un biicoo!

fany!

maruxa dixo...

Unha aperta moi grande para ti, Alberte. Non sabes a alegría que levei cando me contaron o do teu premio. Bótovos de menos, pero máis cando pasan estas cousas e non podo estar aí para celebralo. Sigue traballando e dándonos estas satisfaccións.Unha aperta
Maruxa