O pasado sábado 6 de abril un grupo de alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro participou na final da Fase Comarcal do Club de Debate celebrada en Ames.
O tema do debate foi "As redes sociais favorecen a comunicación e relación entre as persoas?"
Actuaron como oradores Xiana Rodríguez e Julio Esparís, có apoio de Isabel Antelo, Ángela Precedo. Xulia Gil, Mariña Amo, Noelia Gómez e Andrea Forján que formaban o equipo.
Fixeron unha extraordinaria actuación que os levou a acadar o cuarto posto dun total de catorce equipos participantes. Parabéns e Grazas a tod@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario