14 de outubro de 2013

Sen agardar a Ulises



Comezamos o curso cunha boa nova.
O noso querido compañeiro Manolo Lorenzo Baleirón publica novo libro: Sen Agardar a Ulises. Vida de Rosalía, unha biografía actualizada da escritora que recolle novos e moi curiosos datos sobre a mesma. É tan actual que mesmo incorpora na portada a imaxe máis recente que se coñece da autora. 




Trátase, ademáis,  dunha obra plurilingue  que podedes ler en galego, castelán, francés ou inglés. Agardamos que todos e todas vos animedes a disfrutar de Rosalía da man de Manolo.
Para abrir boca:

"..En abril de 1856 marcha para Madrid, acaso para completar a súa formación, aínda que se aducen motivos tan diversos como a resolución de negocios da familia(....), a partida despois do Banquete de Conxo, a procura de traballo ou mesmo a decisión da propia escritora de seguir a Murguía, se é certo que o coñece nos veráns do Liceo, cando el o frecuentaba. De ser así quedaría claro o seu temperamento independente, pero só podemos facer suposicións."

Se pinchades sobre a foto da portada poderedes ver unha entrevista co autor presentando a súa obra.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Un bico para Manolo Baleirón polo seu novo libro ( e dicía que non ia escribir máis...) e outro para todas vos que nolo contades.
Ángeles