O vindeiro mércores 13 de novembro visitará o noso centro Carlos Taibo, profesor de
Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, para impartir unha conferencia nunha actividade programada polo Equipo de Normalización Lingüística.
Falará co noso alumnado de Bacharelao e Ciclos sobre O DECRECEMENTO: Como mudar hábitos na sociedade actual.
Carlos Taibo é un firme partidario dos
movementos antiglobalización e apoiou o levantamento de protesta do
15-M. Criticou a asociación establecida nas sociedades
capitalistas entre crecemento económico e sociedade do benestar.
Tedes unha completísima información sobre Carlos Taibo e a súa obra na súa páxina web
http://www.carlostaibo.com/index.php?lang=eu
Ningún comentario:
Publicar un comentario