Se tes leído un libro que che gostara moito e cres que lle podería interesar a alguén para agasallar neste Nadal, escribe un comentario e indica o título e o autor. Seguro que haberá quen cho agradeza.
É tempo de exames e o mellor para facelos ben é preparalos mellor, pero non é menos importante saber relaxarse para rendir ó máximo. Pode que un pouco de ioga vos axude a conseguilo.
Estamos a piques de rematar o mes do Samaín. Decataríaste do cartel que presidiu a biblioteca este mes que adicamos ó terror...Daba medo, verdade? Pois na época dos vosos abós e aboas e mesmo na dos vosos pais e nais non era unha broma, como foi para nós poñelo: aínda que o coitelo non aparecía, o arrepío que producía ir aunha aula onde che podían maltratar por non saber ou por non facer o que debías era real. Non permitas o maltrato e tampouco maltrates ti; empuxar, insultar, rir de alguén, facer burla... tamén son formas de violencia.
O 25 de novembro homes e mulleres de todo o mundo berrarán NON á violencia contra as mulleres. De ti depende que ese berro se extenda a todos os días do ano.
"Canto máis coñezo aos homes, menos os quero; se poidese decir o mesmo das mulleres, iríame moito mellor." Din que esta frase é de Lord Byron.Que che parece?
O xoves 19 terá lugar unha nova reunión do obradoiro de poesía, ás 16 h. na bilblioteca. Non faltes. Ti e os teus poemas podedes ser portada no noso blog...Quen sabe!
A poeta Yolanda Castaño visitou o noso centro e deu unha charla sobre a "poesía última", á que asistiron os alumnos e alumnas do clube de lectura. Foi unha das actividades programadas pola Biblioteca para este trimestre. Yolanda Castaño asinou no libro de honra cunha orixinal adicatoria.
Xa empezou o tempo de lectura deste segundo libro de Lewis Carroll. Se o primeiro vos gustou, con este disfrutaredes tamén. Os que aínda non estades no club podedes inscribiros hoxe ou mañá. ¿Gústache ler? Ven con nos, temos reservadas moitas sorpresas...
O xoves 22 terá lugar na biblioteca do Centro unha nova sesión do obradoiro de poesía. Quen estea interesado/a poderá acudir ás 16:30. Gustouche a anterior? Nesta disfrutarás máis.
No IES Macías o Namorado imos celebrar o Samaín durante o mes de novembro. Unha das actividades que o Departamento da biblioteca pensa levar a cabo é a proxección de tres películas de terror nas seguintes datas: * Martes 10 de novembro: 1º e 2º de ESO A noiva cadáver
* Martes 17 de novembro: 3º e 4º de ESO Pesadelo antes do Nadal * Martes 24 de novembro: 1º e 2º de bacharelato e ciclos Psicose
O próximo luns, 19 de outubro, terá lugar a primeira reunión do clube de lectura deste curso para comentar a obra Alicia no país das maravillas. Lémbrate de ir á biblioteca no primeiro recreo.
A biblioteca convoca, co gallo da festa d´O Samaín, o I Certame de Microrrelatos Macías o Namorado.
Bases do concurso: 1. Tema: Texto de terror que debe empezar coa frase:"Caín na conta de que non tiña mans". 2. Lingua: Galego ou castelán. 3. Estensión: Un máximo de 100 palabras. 4. Lugar de entrega: A biblioteca. 5. Prazo de entrega: Do 15 de outubro até o 20 de novembro. 6. Categorías: A- Alumnos/as de ESO B- Alumnos/as de Bacharelato e Ciclos 7. Condicións: Entregaránse tres copias do microrrelato nun sobre grande cun seudónimo, a categoría e o título do relato escritos fora. No interior do sobre grande irá tamén un sobre pequeno fechado que contenga os datos do autor ou autora; é decir: Nome e apelidos, e curso. 8. Os premios faránse públicos no festival de Nadal.
Pode que cando che falen de poesía, digas que a ti non che gusta; pode que prefiras quedar na casa vendo a televisión; pode que non sepas o que perdes se non vés ó instituto o venres 2 de outubro ás 4 da tarde.
Alicia representa a liberdade da imaxinación humana e a curiosidade insaciable. Sabías que Alicia... é moito máis que unha obra literaria? Aínda que, cando leas este libro, non cho pareza, deu pé a moitas interpretacións relixiosas, políticas, lóxico-matemáticas, psicoanalícicas... É un libro para disfrutar ; e a violencia ou o absurdo do mundo que nel se expresan non teñen moralexa. Se estás no clube de lectura , lembra que teremos a reunión para comentar esta obra o luns 19 de outubro no primeiro recreo. Agardámoste!
Se che gusta ler, esta é a túa oportunidade. Disporás dos libros máis interesantes, terás quen che explique o que non entendas e estarás en contacto con moitos compañeiros e compañeiras cos que compartirás aficións. Ponte en contacto coa encargada da biblioteca e empeza a disfrutar co primeiro libro deste ano.
Con estas viñetas de Luís Dávila (Bueu 1972), autor de Jalisia Kaníbal, presentado no 12º Salón do Cómic de Cangas o derradeiro ano,queremos facer unha importante reflexión a respecto da nosa lingua, o galego. Pensamos que as linguas suman, non restan. Eis a necesidade de protexer o galego, por constituír o noso legado. Non podemos permitir que unha enquisa, considerada ilexítima pola meirande parte do profesorado poida perxudicar ao noso idioma. Hai un fermoso tríptico nas paredes das aulas que trata este tema,botádelle unha ollada, lede... Mentres non podemos colgalo aquí, no blog, facémosvos saber que podedes velo polo noso centro.
A poeta Lucía Novas estivo no noso centro a semana pasada para recitar parte do seu libro, Epiderme de estío, publicado en Espiral Maior co limiar de Fernán-Vello. Amais, agasallounos con outros poemas seus pertencentes a antoloxía Das sonorosas cordas, onde participan as voces máis novedosas do país. Porén, antes de dar comezo ao acto, fíxose entrega do I Premio do Certame de Relatos Macías o Namorado convocado polo equipo da Biblioteca. Foi un acto agradábel e interesante.
Este venres, 27 de marzo, terá lugar na aula 28, a reunión do Club de Lectura "Liñas de fuga" para os máis cativos, 1º E.S.O. Será durante o primeiro recreo. Comentaremos a novela "Julie y los lobos", proposto para o clube pola profesora de lingua española, Ángeles Sandino, de quen tamén partiu a idea de ler unha selección dos artigos de Larra. Este ano conmemóranse os 169 anos da súa morte, xa que logo consideramos interesante propoñelo para os rapaces de 3º e 4º E.S.O.
No mes de xaneiro, tivemos o pracer de contar con Anxo Angueira no centro e puidemos escoitar na súa voz as palabras de Rosalía. A potencia e a forza interpretativa do poeta de Manselle emocionaron a alumnas e alumnos. Ao profesorado tamén. Eis parte deste fermoso recital:
En todas partes onde alguén pranta unha semente, pode agromar sen dúbida un froito que, de cando en vez, resulta exquisito para o noso padal. É o curioso e sutil fío que ensarilla sensibilidade e intelixencia orixinando un suxeito creador que é quen de sublimar a percepción da realidade e das emocións nuns trazos fabulosos...
Alberte Villamarín, moi aprezado por compañeir@s e profesor@s, vén de gañar o 1ª Premio do Certame Novos Valores 2008 convocado polo Concello de Brión. A entrega do premio, presidida polo edil Xosé Luís García e a Concelleira de Cultura Patricia Vázquez, entre outros, tivo lugar no Hotel Balneario Compostela o venres 13 de febreiro, un día que Alberte xa non esquecerá. Dende a nosa Biblioteca e o noso Club de Lectura "Liñas de fuga", do que Alberte é un dos participantes máis activos,queremos darlle os parabéns a este alumno e ao seu profesor de Plástica, Manuel de la Rosa, que en todo momento potenciou o talento de Alberte facendo xurdir este froito saboroso. Alberte,aquí, no instituto, estamos orgullosos de ti.
Amei-te tanto esta tarde cando non estavas, e estaba o ceu como un atlas de auséncia esbarando nas horas!Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa e verte a súa fúria por acima de unha sen piedade! Non sei por que estes días en que te amo tanto e tan fundo e tan duro e tan tristeiro, dias en que quixera aniquilar-te de tanto amor como me tinxe o corpo e me lastima os dentes. Esta tarde amei-te como invasión de escumas en sartegos tenrísimos. Non sei que estrañas aves aniñaron en min para que así te ame, non sei que tortas roitas ou mans confabuladas me trouxeron a ti, non sei por que camiños navegou o meu sangue para chegar a ti. Non sei se faro ou torre ou terra prometida foron marcando o norte dos meus sucos.Só sei que aquí me tés, a ti ofrecida, sen culpa deste amor que caeu sobre min non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.Esta tarde amei-te como nunca, pero ti non estavas. "Sétima soidade" Pilar Pallarés Colección Esquío de Poesía.
Eis unha imaxe da magnífica resposta do pobo galego en defensa de Palestina, masacrada polo aberrante ataque do Estado de Israel.
Diferenciemos entre pobo e estado porque é moi importante:
O Estado de Israel está representado por un goberno sionista que practica a violencia contra a poboación civil inocente (nenas/os, homes/mulleres e vellas/os) levando a cabo un auténtico xenocidio que está a converter Gaza no campo de exterminio do século XXI.
O pobo de Israel, pola contra, está constituído pola poboación civil israelí que pode ou non estar de acordo con este ataque. Diferenciamos porque non quereriamos meter nun mesmo saco ás vítimas dun goberno de asasinos e aos propios asasinos, os seus gobernantes. Vexamos algún exemplo disto.
GUSH SHALOM Unha das organizacións máis fortes en Israel, e que conseguiu reunir a 10.000 persoas en Tel Aviv para manifestarse en contra da ofensiva a Gaza do pasado día 3. Unha organización cuxo principal obxectivo é a conciliación entre o pobo palestino e o israelita.
OS SHMINISTIM Xoves obxectores que se negan a entrar no exército que ocupa os territorios palestinos.
Agora quereriamos que prestásedes atención ao seguinte vídeo, realmente estremecedor.
Descoñecemos as palabras exactas pero a linguaxe da dor, a raiva, o desespero son universais, por iso cremos que non precisan de traducción. Todas e todos intuímos que a inxustiza e a imcomprensión son quen causa este berro. Escoitade e sentide, é así de fácil:
As imaxes do masacre, as consecuencias dun ataque despiadado e cruel