"Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de
expresión; este dereito inclue o de non ser molestado a causa das suas
opinións, o de investigar erecibir informacións y opinións, e o de
difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquer medio de
expresión".
Artículo 19 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos
A periodista mexicana Regina Rodríguez foi atopada morta esta semana no seu domicilio con evidentes signos de violencia. Coma ela son moitos os periodistas que pagan ca sua vida o dereito a informar. A periodista estaba especializada en temas de política e atacaba nos seus escritos ó goberno do estado de Veracruz.
Non é a única. Para saber máis
30 de abril de 2012
23 de abril de 2012
23 de abril, Día do libro
O día 23 de abril é a cita mundial para os amantes dos libros. Conmemoramos a morte dun dos escritores máis importantes da literatura, Miguel de Cervantes Saavedra, autor do inmortal Don Quijote.
Agustín Fernández Paz apórtanos un texto con motivo desta celebración no ano 2012, titulado Os ríos da vida, ó que podes acceder nesta presentación.
E ti, que les? on PhotoPeach
Agustín Fernández Paz apórtanos un texto con motivo desta celebración no ano 2012, titulado Os ríos da vida, ó que podes acceder nesta presentación.
E ti, que les? on PhotoPeach
Celso Emilio Ferreiro
Cúmplese este ano o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o autor de Longa Noite de Pedra, e son moitas as institucións que lle adican as suas páxinas. Entra na Fundación que leva o seu nome e poderás saber moitas cousas da sua vida e da sua obra.
16 de abril de 2012
Liñas de fuga: O brillo dos elefantes
Novo libro para o club de lectura de 1º e 2º de ESO: O brillo dos elefantes, do escritor Fran Alonso.
Esto foi o que escribiu o autor a raíz da publicación da súa obra:
Hai unha cidade onde, cando a escuridade cae sobre as casas, as mazás brillan nas árbores coma se fosen de ouro. Se cadra é a cidade da esperanza. A cidade dos elefantes. Para sobrevivir con dignidade, a humanidade debe recuperar os elefantes. Ide a esa cidade. Pero, por favor, prohibídelle a entrada aos que secuestran os elefantes. Prohibídella aos que, con eles, rouban os sorrisos, a inocencia e a infancia das nenas e dos nenos do mundo. Leer máis...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)