30 de abril de 2024

CONCURSO SAE DO SAL

O Departamento de Ciencias, a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística convocan ao alumnado do IES Macías ao concurso SAE DO SAL! que da comezo a partires do xoves 2. O prazo de entrega dos proxectos será do 2 ao 8 de maio e a exposición terá lugar do 13 ao 19 de maio. Os traballos pódense entregar na Biblioteca, aos profesores encargados ou ao alumnado colaborador (estes traballos deixaránse no mostrador de empréstito).

Aquí vos deixamos a información sobre o concurso e as bases da convocatoria. Animádevos a participar!






29 de abril de 2024

RESULTADOS I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

O pasado mércores 24 de abril, o noso centro foi o escenario do emocionante I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado, que reuniu os xogadores máis talentosos dos IES da contorna, o IES Camilo José Cela e o IES Espiñeira. O ambiente estaba cargado de competitividade e emoción, creando unha atmosfera única para os amantes do xadrez.

Os finalistas de cada centro que participaron neste evento foron os seguintes:

IES Macías o Namorado:

  • S.A.O.C. (4º ESO)
  • A.B.V. (1º Bacharelato)

IES Espiñeira:

  • A.C.R. (2º ESO)
  • S.S.R. (2º Bacharelato)

IES Camilo José Cela

  • P.G.R. (2º ESO)
  • H.G.F. (1º Bacharelato)
Despois de 6 rondas, os resultados foron os seguintes:

Nun emocionante xiro dos acontecementos, dous destacados xogadores, S.A.O.C do IES Macías o Namorado e S.S.R. do IES Espiñeira lograron un empate no I Torneo de Xadrez Intercentros con 4 puntos cada un. Ante esta situación de paridade, fíxose necesario recorrer a un desempate para determinar ao campión indiscutible do torneo.
O desempate baseouse na vitoria obtida na partida na que ambos os xogadores se enfrontaron directamente e polo tanto S.S.R. do IES Espiñeira se fixo co título de campión deste I Torneo Intercentros Macías o Namorado.

Porén, na clasificación por centros participantes, o noso IES fíxose co campionato no I Torneo de Xadrez Intercentros, demostrando o talento e a dedicación dos nosos xogadores. Noraboa a todos os participantes por este logro!



22 de abril de 2024

I TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS MACÍAS O NAMORADO

Bo día, xadrecistas!

Traemos unha boa nova! Queremos anunciarvos que o noso centro será sede do I Torneo de Xadrez Intercentros Macías o Namorado. Nesta primeira edición contaremos con xogadores do IES Espiñeira de Boiro, o IES Camilo José Cela de Padrón e os campións do noso propio torneo. 

O torneo terá lugar o vindeiro mércores 24 de abril, no salón de actos do noso IES, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde. Os mellores xogadores de xadrez de diferentes centros educativos reuniranse para demostrar as súas habilidades e competir polo título de Campión Intercentros.

O torneo constará de partidas de 8 minutos e nas que irán xogando todos contra todos. Será campión ou campioa aquel con mellor puntuación e haberá premios para o 1º e 2º clasificado.


ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ BIBLIOMACÍAS


Bo día, campións de xadrez!
Estamos emocionados de anunciar os resultados do torneo de xadrez que tivo lugar nos recreos dos últimos meses! Foi unha batalla axedrecística chea de estratexia, intelixencia e moita diversión.

Aquí tendes as iniciais e curso dos 4 primeiros clasificados.

  • 1º Premio: SOC (4º ESO)
  • 2º Premio: ABU (1º BACH)
  • 3º Premio: DUL (1º CS ADMIN)
  • 4º Premio: ABA (1º ESO)
O reparto de premios terá lugar hoxe día 22 de abril no 2º recreo no salón de actos. Este reparto quedará da seguinte maneira:
  • Terceiro e cuarto clasificado: un bono para empregar na cafetería.
  • Primeiro e segundo clasificado: un bono para empregar na cafetería e trofeo.