Instalamos unha selección de libros e películas relacionadas con este tema e unha exposición de título 10 datos sobre unha explotación, sobre a discriminación laboral e salarial que continúan a sufrir as mulleres no noso país a día de hoxe.
4 de marzo de 2016
24 DE FEBREIRO: ROSALÍA SEMPRE
Como se vén facendo nos últimos anos, celebramos o nacemento da nosa poeta e rendémoslle unha merecida homenaxe.
No
Macías, como nos podía ser doutra maneira, lembramos a súa figura cun
recital poético e unha charla que deu o noso querido profe Manolo
Baleirón. Como sabedes, Baleirón ten publicado un interesantísimo libro
sobre RosalíaSen agardar a Ulises.
Cada ano van a máis as iniciativas e homenaxes a esta escritorauniversal
que sitúa a Galicia no mapa como país e que abre a alma dos galegos e
galegas provocando un sentimento identitario de tal magnitude que non
hai ninguén que non se teña emocionado coa lectura da súa obra
As
redes, que botan fume, a poesía, as cancións ......todo se une para
celebrar este día que agardamos sexa, como propón a Asociación de
Escritores en Lingua Galega, o noso día do libro.
Hai tantas cousas feitas sobre Rosalía que algunhas chegan a sorprendernos, como este poema de Cantares escrito en Pictogramas e cantado por Amancio Prada
E, por último, aqui vos deixamos os maravillosos traballos que o Equipo de Normalización Lingüística do centro elaborou co alumnado de segundo da ESO:
Rosalía, sempre on PhotoPeach Rosalía, sempre on PhotoPeach