25 de abril de 2019

Semana do Libro 2019 - Lecturas de 1 minuto




Na semana do 24 de abril e de principios de maio tivemos na nosa Biblioteca
unha actividade incesante !
Organizamos unhas xornadas de lectura nos recreos, AUTORAS DUN
MINUTO, na que tanto o alumnado coma o profesorarado
leron fragmentos das súas escritoras favoritas. O percorrido literario foi
pois longo. De Safo a Despentes. De Beauvoir a Dickinson. De Olga Novo
a Estíbaliz Espinosa. Cada lectura era introducida por un breve comentario
na que a persoa participante explicaba o motivo da súa elección.


Alén destas sesións de lectura, houbo dous Obradoiros de Poesía,
impartidos por Rosa, destinados aos dous Clubs de Lectura:

O mércores, 24 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º e 2º ESO (5 horas)
O venres, 26 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º BAC (5 horas)

A verdade é que as persoas que integramos o equipo da
biblioteca -Lourdes Lema, Isabel Mouriño,
Ana Pose e Rosa Enríquez- estamos moi satisfeitas co
ambiente xerado neses días con todas estas actividades.

Seguimos entón facendo camiño para dar luz
e foco a un dos espazos máis necesarios en calquera centro
educativo: a biblioteca escolar.

3 de abril de 2019



    BEFORE







  AFTER


Onte, martes 2 de abril, tivemos un acto ben interesante na Biblioteca. A profesora Carme Saborido, impartiu unha charla sobre a lingua portuguesa para o alumnado de 1º ESO e 2º ESO. O devandito acto foi xestionado polo Equipo de Normalización Lingüística -coordinado por Matilde Pena- ao que Carme pertence.

Nesta charla, que durou dúas horas, o alumnado tivo a oportunidade de prestar atención a algo no que talvez non reparara moito: A IMPORTANCIA DO PORTUGUÉS NO MUNDO.  Carme mencionou entón moitos dos lugares nos que se usa este idioma na vida cotiá, lugares tan singulares como unha parte da India ou de China. Tamén lles fixo ver a pertinencia de estudar esta lingua, dende un punto de vista práctico, para poder buscar traballo no Brasil, que, a día de hoxe, é unha das principais potencias económicas. Non ten de ser moi difícil para nós, como galegas/os, adquirir a destreza lingüística de nos comunicar nun idioma que xa sen o estudar comprendemos, algo lóxico se temos conta de que son galego e portugués son dúas linguas irmás...

A charla de Carme dividiuse entón en dúas partes. A primeira centrouse na visibilización da UTILIDADE e importancia de estudar portugués, pois, dende o punto de vista  sociolingüístico e socioeconómico pode facilitar un desenvolvemente laboral exitoso.

A segunda parte da charla, a nosa profe centrouse en aspectos propiamente lingüísticos, amosando, por exemplo, as similitudes entre o galego e mais o portugués, así é que tirou cara a unha liña máis práctica.


Dende a Biblioteca, queremos dar os parabéns ao Equipo de Nromalización por esta iniciativa tan interesante e necesaria. Abrir a visión para que o alumnado adquira maior perspectiva parécenos imprescindíbel. Grazas, Carme Saborido! Queréseche moito aquí!!