30 de outubro de 2013

Día da Ciencia en galego


Este luns 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia En Galego.
dedicado a visibilizar o papel da Ciencia e a da Tecnoloxía na Cultura Galega. A celebración realízase desde hai catro  anos en toda Galicia o mesmo día cunha serie de actividades (conferencias, obradoiros, exposicións,...) que podedes consultar pinchando na imaxe.


Este ano en concreto inclúense tamén as artes neste día da ciencia que se centra nas figuras de Richard Buckminster FullerFlorence Nightingale e Isaac Díaz Pardo,  personaxes nos que podemos ver reflexado o papel determinante dos coñecementos artísticos, científicos e tecnolóxicos na vida cultural e na evolución dos pobos. 

E por último unha canción  de Aid para gozar da ciencia e da Arte en galego, 




COÑECE A TÚA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebrouse o Día da Biblioteca Escolar. Por coincidir co día da folga trasladamos a nosa tradicional actividade "Coñece a túa biblioteca" ao pasado luns 28.
Como todos os anos o alumnado de 1º de ESO baixou a coñecer o funcionamento da súa biblioteca mediante un xogo de busca que realizaron con entusiasmo.


   



22 de outubro de 2013

Día da Biblioteca Escolar




O 24 de outubro celébrase cada ano o Día da Biblioteca Escolar.

O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. 

A ilustración do cartel commemorativo que edita  a Consellería é de Patricia Castelao.




  




















Para celebrar este día achégate a biblioteca e disfruta coa nosa exposición Ler ten Ciencia e coas distintas actividades programadas.





Alice Munro, premio nobel de literatura 2013


      A escritora canadiana, Alice Munro, foi galardoada co Nobel de Literatura 2013. O xurado referiuse a ela como " a mestra do relato curto". Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas da lingua inglesa pola súa particular visión da condición humana.
     Súa nai era profesora e seu pai granxeiro. Comezou a estudar xornalismo e filoloxía inglesa na universidade de Ontario, pero abandonou os estudos ao casar co seu primeiro home en 1951.
Comezou a escribir na súa xuventude publicando en varias revistas , pero non publicou o seu primeiro libro  Dance of the Happy Shade até 1968, co que obtivo moi boas críticas en Canadá.
   Aclamada pola  claridade do seu estilo narrativo e o  realismo psicosocial, algúns críticos considérana a Chejov actual.
     As súas historias polo xeral  desenvólvense en pequenas localidades, onde a loita  por unha vida socialmente aceptable provoca relacións tensas e conflictos morais. Os seus  textos  contan representacións da vida cotiá, pero afrontando acontecementos decisivos.


            



" Soemos dicir que hai cousas que non se poden perdoar, ou que nunca poderemos perdoarnos. E con todo facémolo, a todas horas".
Alice Munro. 'Vida querida',

Para disfrutar dalgún relato completo da autora pinchade aquí.

14 de outubro de 2013

Sen agardar a Ulises



Comezamos o curso cunha boa nova.
O noso querido compañeiro Manolo Lorenzo Baleirón publica novo libro: Sen Agardar a Ulises. Vida de Rosalía, unha biografía actualizada da escritora que recolle novos e moi curiosos datos sobre a mesma. É tan actual que mesmo incorpora na portada a imaxe máis recente que se coñece da autora. 




Trátase, ademáis,  dunha obra plurilingue  que podedes ler en galego, castelán, francés ou inglés. Agardamos que todos e todas vos animedes a disfrutar de Rosalía da man de Manolo.
Para abrir boca:

"..En abril de 1856 marcha para Madrid, acaso para completar a súa formación, aínda que se aducen motivos tan diversos como a resolución de negocios da familia(....), a partida despois do Banquete de Conxo, a procura de traballo ou mesmo a decisión da propia escritora de seguir a Murguía, se é certo que o coñece nos veráns do Liceo, cando el o frecuentaba. De ser así quedaría claro o seu temperamento independente, pero só podemos facer suposicións."

Se pinchades sobre a foto da portada poderedes ver unha entrevista co autor presentando a súa obra.

2 de outubro de 2013

Ola!, aquí estamos de novo


Benvid@s ao novo curso 2013/14.

Comezamos unha nova andaina coa ilusión de poder compartir novas lecturas e novos proxectos. Seguimos en liñas de fuga, o noso club de lectura que desexamos teña o éxito de actividades e lectores obtidos o ano pasado. Ilusión non nos falta, e para abrir boca nada mellor que unha canción que nos transmite optimismo.