18 de decembro de 2017
15 de decembro de 2017
Club de lectura - Decembro
Que pouquiño queda para rematar este primeiro trimestre do curso!
Este mes o alumnado do club de lectura Ágora está lendo unha novela gráfica e o próximo martes, 19 de decembro, reunirémonos na Biblioteca para comentar e intercambiar impresións.
Ánimo cos últimos exames!
"Gorda, vacaburra, zampabollos. Si sigues comiendo así te vas a poner como un tonel y no te va a querer nadie.”
Meritxell ha tenido que oír de todo. En casa lleva sufriendo
vejaciones desde pequeña. En el cole se arrima a las marginadas y
aguanta el chaparrón. Su falta de autoestima y la acumulación de
problemas emocionales le llevará a desarrollar una bulimia. Las cosas
irán cambiando, pero requerirán tiempo. Yo, gorda es un cómic
basado en hechos reales en torno al maltrato psicológico y los
trastornos alimentarios. Una confesión autobiográfica que, como dice su
propia autora, empieza mal pero acaba bien.
3 de decembro de 2017
Wonder - Biblionamorad@s
Suxerencia para esta próxima ponte.
Non vos esquezades de que temos o libro na Biblioteca!
SINOPSIS
Auggie Pullman (Jacob Tremblay) es un niño que nació con una malformación facial. Ahora, tras diez años de hospital en hospital y de largos periodos en su casa, tendrá que hacer frente a un gran reto: asistir por primera vez a la escuela. Gracias al apoyo de sus padres, Isabel (Julia Roberts) y Nate (Owen Wilson), Auggie tratará de encajar entre sus nuevos compañeros y profesores, demostrando que pese a su físico es un niño como otro cualquiera.
Este melodrama basado en el bestseller Wonder de R.J. Palacio está dirigido por Stephen Chbosky (Las ventajas de ser un marginado). Su reparto protagonista está formado por Julia Roberts (Money Monster, Feliz día de la madre), Jacob Tremblay (La habitación, Somnia: Dentro de tus sueños), Owen Wilson (Zoolander No. 2, Puro vicio) y Mandy Patinkin (Homeland, Mentes criminales).
Este melodrama basado en el bestseller Wonder de R.J. Palacio está dirigido por Stephen Chbosky (Las ventajas de ser un marginado). Su reparto protagonista está formado por Julia Roberts (Money Monster, Feliz día de la madre), Jacob Tremblay (La habitación, Somnia: Dentro de tus sueños), Owen Wilson (Zoolander No. 2, Puro vicio) y Mandy Patinkin (Homeland, Mentes criminales).
29 de novembro de 2017
Clubs de lectura Ágora - novembro
Este mes de novembro, a pesares dos exames e de todo o esforzo que supón o final do trimestre, o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato, non faltou a súa cita co club de lectura.
Nerea, a protagonista do libro Luns de Eli Ríos, suscitou un debate ben interesante sobre a violencia machista que, aínda, neste século XXI, asasina a tantas mulleres.
Dende a Biblioteca intentamos tecer esa rede de afectos, proposta por Eli, para poder axudar, acompañar e loitar con todas as mulleres que nos necesiten.
Alex, Nerea, Mireia, Sara e Anabel disfrutando do libro Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
Libros e galletas!!!!
A "familia" dos biblionamorad@s vai pouco a pouca facéndose máis grande.
Este mes, Ana Pose, a profe de Sociais e Plástica, fíxose cargo dun novo club de lectura a ritmo de: O piano / no no pía/ fachendoso polo día..
Moitas felicidades polo éxito de convocatoria e a participación activa do alumnado!
Alejandro, Nerea, Alba, Iria, Andrea, Aldara, Ángela e Alba |
Dende a Biblioteca intentamos tecer esa rede de afectos, proposta por Eli, para poder axudar, acompañar e loitar con todas as mulleres que nos necesiten.
Alex, Nerea, Mireia, Sara e Anabel disfrutando do libro Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
Libros e galletas!!!!
A "familia" dos biblionamorad@s vai pouco a pouca facéndose máis grande.
Este mes, Ana Pose, a profe de Sociais e Plástica, fíxose cargo dun novo club de lectura a ritmo de: O piano / no no pía/ fachendoso polo día..
Moitas felicidades polo éxito de convocatoria e a participación activa do alumnado!
22 de novembro de 2017
21 de novembro de 2017
Charla con Eli Ríos. Biblionamorad@s espazo libre de violencia machista
Hoxe, o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO disfrutou coa presenza e coas contundentes palabras de Eli Ríos dende o primeiro minuto da súa intervención!
"A conciencia pesa por todos o minutos que puido salvar" (Luns, Eli Ríos)
Etiquetas:
club de lectura,
Visitas de escritoras
8 de novembro de 2017
Club de lectura ÁGORA - Novembro
O martes, 28 de novembro, celebraremos a segunda reunión dos clubs de lectura ÁGORA.
Coma a vez anterior, xuntarémonos na Biblioteca do centro ás 15:15.
O alumnado de primero e segundo, coordinado pola profesora Anabel, comentará o libro de Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno.
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a
Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira
durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas,
descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e
que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa
colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as
persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
As rapazas e rapaces de 4º e de 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora Lourdes, farán o mesmo, pero co libro de Eli Ríos, Luns.
Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito
dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e
un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un
diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas
dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden
ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar
de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar
á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma
consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha
realidade oculta a plena luz do día. " Luns " , gañadora do Premio
Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica
arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue
conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que
acontecen no día a día de Nerea.
Contamos con vós!
6 de novembro de 2017
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO
Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia
1 de novembro de 2017
Benvido novembro!
Biblionamorad@s unirase á celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS; o alumnado visionará, grazas a Cinerágora filmes de temática científica, asistirá a charlas de dous divulgadores do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), poderá achegarse á mesa con libros e revistas de temática científica, instalada na entrada do centro e presidida polo esquelete prestado polo Departamento de Bioloxía, e moitas actividades máis, segundo vaian xurdindo!
Por suposto, a Biblioteca participará en coordinación co Equipo de Normalización Lingüística do centro, na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de xénero.
De feito, o club de lectura dos maiores deste mes, tendo en conta a importancia da reivindicación desta data, escolleu como lectura o libro de Eli Ríos, Luns, novela gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester convocado só para obras en galego, na que a autora presenta á protagonista dende unha perspectiva de xénero innovadora e, como xa lin no Twitter de biblionamorad2s, "sorprendente. Final desconcertante". Ademais, temos a sorte de poder contar con ela o 21 de novembro! Virá a comentar a súa obra co alumnado de 1º de Bacharelato e cos participantes no club de lectura.
Que vos parece?
Benvido novembro!!!!
Etiquetas:
Actividades,
cinerágora,
club de lectura,
mes da ciencia
25 de outubro de 2017
Clubs de lectura - Outubro
Aquí vos deixamos unhas fotos dos clubs de lectura Ágora.
Pasámolo moi ben!
Vémonos en novembro con máis lecturas!!
Pasámolo moi ben!
Vémonos en novembro con máis lecturas!!
Orgullos@s do noso alumnado!!!
Moitísimas felicidades!!!
Dende a Biblioteca, ágora aberta a nosa comunidade educativa, queremos felicitar ao noso alumnado de Bacharelato polo traballo ben feito e recoñecido no OUFF (Festival de cine internacional de Ourense).
22 OUFF | VERBA | OUFF ESCOLA from OUFF - Ourense Film Festival on Vimeo.
Dende a Biblioteca, ágora aberta a nosa comunidade educativa, queremos felicitar ao noso alumnado de Bacharelato polo traballo ben feito e recoñecido no OUFF (Festival de cine internacional de Ourense).
22 OUFF | VERBA | OUFF ESCOLA from OUFF - Ourense Film Festival on Vimeo.
24 de outubro de 2017
19 de outubro de 2017
O PROXECTO ÁGORA: UN ESPAZO DE RESISTENCIA COA FILOSOFÍA
Onte mércores, 18 de outubro, a nosa benquerida María Vilas e Jorge Cendón, estudantes de filosofía, viñeron á nosa biblioteca para presentar LAZARUS, unha revista de Filosofía e Arte confeccionada polo alumnado da súa facultade. A verdade é que este encontro con Vilas e Cendón resultou moi interesante, porque nel saiu a colación algo ben importante: a construción dun pensamento libre, propio, que xorde sempre do autocoñecemento. María Vilas incidiu na idea de que a filosofía aparece no momento no que unha persoa, independentemente do seu nivel cultural, comeza a facerse preguntas sobre aquilo que a arrodea, porque decide non aceptalo sen máis. Insistiu por tanto tamén na recuperación do feito de filosofar como algo que todas e todos podemos facer. Non só cando cuestionamos os nosos sistema de crenzas, mais tamén cando actuamos. Así, para ela, viaxar é tamén filosofía, do mesmo xeito en que o é falar de arte, de cinema ou de teatro. A filosofía, engadiu Jorge Cendón está en todo. Tamén na xestión das emocións.
Nesta conversa, pareceunos moi atinado o que apuntou o novo profe de Filosofía, Álvaro, que puxo enriba da mesa algo ben interesante. Referímonos á idea que latexaba polo baixo da charla e da propia revista LÁZARUS: a necesidade de crear ESPAZOS DE RESISTENCIA, porque neles poden facer oír a súa voz, para manifestaren opinións, ideas ou, moi importante, elaborar proxectos en común.
Álvaro, o profe de Filosofía, a falar dos ESPAZOS DE RESISTENCIA.
María Vilas e Jorge Cendón presntando LÁZARUS.
O alumnado de 1º de BACHARELATO durante a charla.
Nesta conversa, pareceunos moi atinado o que apuntou o novo profe de Filosofía, Álvaro, que puxo enriba da mesa algo ben interesante. Referímonos á idea que latexaba polo baixo da charla e da propia revista LÁZARUS: a necesidade de crear ESPAZOS DE RESISTENCIA, porque neles poden facer oír a súa voz, para manifestaren opinións, ideas ou, moi importante, elaborar proxectos en común.
María Vilas e Jorge Cendón presntando LÁZARUS.
O alumnado de 1º de BACHARELATO durante a charla.
CINERÁGORA VISITA A SALA NUMAX
Eis o alumnado do Macías que asistiu á sala de cinema NUMAX, para ver PHANTOM BOY.
Laura e Iago durante a viaxe a Compostela.
Velaquí Alejandro e José botando unhas risas no bus, de camiño a Numax
Candela, Paula, Araceli, Catuxa, Nerea e Carmen, ademais de Iago, Iria, Alejandro, Hugo Lucas e Aarón nas primeiras filas. Detrás vemos a Aldara Hernaiz en plena conversa... Quedaban apenas uns minutos para a proxección de PHANTOM BOY. Que ben o pasamos!!
18 de outubro de 2017
Reunión dos clubs de lectura ÁGORA
O próximo martes, 24 de outubro, celebraremos a primeira reunión dos clubs de lectura ÁGORA.
Xuntarémonos na Biblioteca do centro ás 15:15.
O alumnado de primero e segundo, coordinado pola profesora Anabel, comentará o libro de Agustín Fernández Paz, Rapazas.
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que
sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que
segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas
son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de
Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para
adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común:
todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas
de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada
adolescencia. A nova edición de Rapazas dentro da colección Fóra de Xogo
foi totalmente revisada polo autor, que reescribiu cada un dos contos
publicados por Xerais en 1993.
As rapazas e rapaces de 4º e de 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora Lourdes, farán o mesmo, pero co libro de Marjane Satrapi, Persépole.
Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con
varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e
Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême,
ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a
súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á
súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.
Contamos con vós!
10 de outubro de 2017
CINERÁGORA CON NUMAX NA ESCOLA
Mañán mércores 11 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC, que forma parte do Cineclub CINERÁGORA, acudirá á Sala NUMAX para ver o filme de animación PHANTOM BOY, dos directores Alain Gagnol e Jean-Loup Felicioli, que forma parte do programa NUMAX NA ESCOLA.
Temos moita ilusión nesta experiencia, que, continuaremos ao longo do curso, pois iremos dúas veces máis a NUMAX.
O noso CINERÁGORA está a ter unha grande acollida, pois xa contamos con case corenta rapazas e rapaces, que acoden cada quince días para ver un filme. Polo de agora vimos dous, "Branca de Neve e a lenda do cazador" e "Maléfica" e houbo un debate ben interesante.
A aceptación é tal que xa queren repetir o luns da semana que vén. Que veremos??? Un episodio de BLACK MIRROR. Cal?
SORPRESA!
4 de outubro de 2017
Clubs de lectura ÁGORA
Este curso botamos andar con dous clubs de lectura no IES Macías o Namorado; un para o primeiro ciclo, coordinado por Anabel, e outro para 4º e 1º de Bach. da man de Lourdes.
As lecturas para o mes de outubro son:
Persépole de Marjane Satrapi e Rapazas de Agustín Fernández Paz.
O noso primeiro encontro será o martes 24 de outubro na Biblioteca.
Animádevos a participar! A nosa ágora está aberta para tod@s!!!
As lecturas para o mes de outubro son:
Persépole de Marjane Satrapi e Rapazas de Agustín Fernández Paz.
O noso primeiro encontro será o martes 24 de outubro na Biblioteca.
Animádevos a participar! A nosa ágora está aberta para tod@s!!!
Novo curso, novo proxecto: ÁGORA
Comezamos curso che@s de proxectos e ilusións.
O novo equipo da biblioteca do IES Macías o Namorado xa leva máis dun mes preparando todo para un novo curso; o equipo cambia, pero as ilusións e as ganas seguen as mesmas. Agradecemos o traballo de Maruxa, Mar e Esperanza, e recollemos o seu legado, Anabel, Rosa e Lourdes; esperamos estar á altura.
As nosas cabezas bulen con ideas, proxectos, actividades, colaboracións..., desexamos poder ir pouco a pouco dándolle forma e implicando a toda a Comunidade educativa do noso centro.
Este ano xa temos en marcha dous clubs de lectura, un cineblub, CINERÁGORA, concertadas varias visitas de escritoras, roteiros literarios, saídas culturais..., e estamos abertas a todo o que vaia xurdindo.
Crearemos unha conta en twiter, para que as nosas actividades, que sempre foron numerosas e exitosas, teñan unha maior proxección e unha canle de comunicación nas redes.
Celebraremos eventos sociais e literarios en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística, cos distintos Departamentos didácticos e co Concello de Padrón, mais, sobre todo, mercaremos libros e levaremos a cabo actividades dinamizadoras para introducir a tod@s no apaixoante mundo dos libros.
Contamos con vós!!!
Moitas grazas e felices lecturas!
24 de maio de 2017
Letras 2017. Celebrando a Casares
Para celebrar o Día das Letras Galegas 2017 a biblioteca levou a cabo unha lectura dramatizada do conto de Carlos Casares O Xogo da Guerra , incluído na súa obra Vento Ferido.
Na páxina da Fundación Carlos Casares atoparedes información sobre o autor a a súa obra.
Tamén podedes disfrutar aquí dos distintos materiais didácticos elaborados por centros de ensino de toda Galicia centrados na figura de Casares.
27 de abril de 2017
Día do Libro 2017
O premio Cervantes 2016 foi concedido ao escritor Eduardo Mendoza por inaugurar en 1975 unha "nova
etapa na narrativa española" devolvendo ao lector "o goce polo relato", segundo destacou o xurado. Foi ese ano cando Mendoza iniciou a súa carreira literaria con "La verdad sobre el caso Savolta", obra que cambiou o xeito de escribir e ler novela en España.
Desde entón suma quince novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. Entre as súas novelas, títulos como "Sin noticias de Gurb", "La ciudad de los prodigios" ou "El misterio de la cripta embrujada" non se poden perder.
O pasado 23 de Abril, Mendoza recolleu o premio que agradeceu cun discurso cheo de humor e referencias ao Quixote. Aquí podes ver este emotivo momento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)