30 de setembro de 2010
II Certame de microrrelatos Macías o Namorado
A Biblioteca convoca co gallo do Samaín o II Certame de Microrrelatos Historias para non durmir.Velaí as bases:
1. Tema: terror. Debe empezar coa frase: "A medianoite pararon a un tempo o reloxo e o seu corazón".
2. Pódese escribir en calquera lingua das impartidas no Centro.
3. Estensión exacta: 20 liñas.
4. Formato: folio branco tamaño DINA4, letra Arial 14p. e a dobre espazo.
5. Entregaranse tres copias do microrrelato nun sobre grande que terá escrito fora o seudónimo empregado polo autor ou autora e o título do microrrelato.
6. No interior do sobre grande irá tamén un sobre pequeno fechado cos datos do autor ou autora, o curso, o seudónimo e o título do relato.
7. Prazo e lugar de entrega: o límite para a entrega será o venres 20 de novembro. Entregarase na biblioteca, nos recreos, á persoa responsable.
8. O non cumprimento dalgún destes requisitos anulará a participación no certame.
Empeza un novo curso
Benvidos e benvidas a un novo curso. Este ano temos novedades que irán saíndo pouco a pouco. Esperamos que estedes atentos e atentas a este blog.
O clube de lectura terá , como en anos anteriores, actividades extraescolares que agardamos sexan do voso agrado. Podedes apuntarvos xa para a primeira lectura deste trimestre: As metamorfoses , adaptación do clásico de Ovidio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)