25N
Para conmemorar o Día contra a violencia machista ,
recibimos no Macías a escritora Montse Fajardo.
Montse charlou co alumnado de 1º de Bacharelato sobre o seu libro INVISIBLES, no que nos presenta sete vítimas reais da violencia machista.
A autora intenta visibilizar
a violencia machista para así evitar que a sociedade mire cara a outro lado.
Unha boa lectura para desconectar de tanto exame.
Animádevos a collelo na biblioteca!