Este luns 14 de marzo contamos na biblioteca coa presenza de Ledicia Costas que presentou ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura de 2º Ciclo a súa novela O Corazón de Xúpiter.
Falounos da temática da súa novela, en concreto sobre Isla, personaxe central vítima da violencia machista. Tamén nos fixo reflexionar como detrás das redes sociais poden agocharse persoas perigosas.
Disfrutamos moito coa súa charla e co debate posterior.
Grazas!!!
Visita de Ledicia Costas on PhotoPeach
26 de marzo de 2014
21 de marzo de 2014
Día da Poesía 2014
Leopoldo M. Panero (1948 - 2014)
A Sombra de Peter Pan
Hoxe 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Este ano adicamos este día a Leopoldo María Panero, falecido o pasado día 5. Unha selección da súa poesía está exposta na biblioteca e e será lida ao alumnado nas aulas.
Temos tamén na biblioteca poemas para agasallar. Escolle o teu!!
FELIZ DÍA DA POESÍA!!
Dia da Poesía 2014 on PhotoPeach
FELIZ DÍA DA POESÍA!!
20 de marzo de 2014
Visita de Marcos Calveiro
Este mércores 19 de marzo contamos de novo na nosa biblioteca coa grata presenza de Marcos Calveiro. Nesta ocasión presentou aos rapaces de 1º de Eso e do Club de Lectura de Primeiro Ciclo a súa fermosa novela Palabras de Auga.
Disfrutamos moitísimo nesta viaxe a África. Adentrámonos no suahili, aprendemos a xogar ao bao e adentrámonos na situación das tribus africanas.
Foi un pracer, coma sempre, escoitar a Marcos. GRAZAS!!!!
Etiquetas:
Actividades,
club de lectura,
Visitas de Autores
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)