METES MEDO!Velaquí temos de novo o Samaín! A Bibliomacias convoca un concurso de microrrelatos terroríficos para o alumnado de ESO. Deixádevos arrastrar polas gadoupas do terror e participade!
Botádelle un ollo ás bases do concurso!
CONCURSO
DE MICRORRELATOS
“METES MEDO”
B A S E S
1ª.- Concurso aberto a
todos os niveis de ESO.
Establécense
dous niveis:
·
1º e 2º de ESO
·
3º e 4º de ESO
2ª Presentaranse textos orixinais e non publicados anteriormente
nin en medios analóxicos nin dixitais.
3ª A temática dos relatos será o
terror.
4ª Características do texto:
a) Os textos
presentaranse en galego cunha extensión mínima de 50 palabras e
máxima de 100, sen contar o título e o texto inicial. Cada relato debe
presentar un título e poden ir acompañados dunha ilustración, dun
debuxo ou viñeta complementarias. Os relatos teñen que ser
continuación do texto que aparece ao final destas bases.
b) Pódese presentar máis dun relato.
c) Os textos deben escribirse nun folio á man, ordenador ou máquina de
escribir. No reverso do folio indicarase o nome e apelidos da/do
participante. Tamén se pode enviar en
formato PDF a través da Aula Virtual da Biblioteca, indicando os
datos do/da autor/-a na cabeceira do documento.
d) Para os textos enviados en PDF ou
feitos a ordenador, utilizarase a letra “Calibrí” tamaño 12.
5ª Os textos entregaranse ao profesorado de Lingua Galega na
clase (Isabel Mouriño, Xesus López, Matilde Pardiñas) ou ao encargado da
Biblioteca (Miguel Ángel Prieto) nas horas de recreo na Biblioteca.
6ª A data límite de entrega será
o día 29 de outubro de 2021 (en papel) e ata o día 2 de novembro pola Aula
Virtual da Biblioteca.
7ª A escolla do relato gañador farase atendendo á imaxinación e
estilo do autor/-a e á corrección formal do texto.
8ª O Xurado está composto polo
profesorado encargado do Equipo da Biblioteca.
9ª O relato gañador publicarase no blog da Biblioteca do IES
Macías o Namorado e no panel informativo do Centro.
10ª PREMIOS.
Relato
ganador nos niveis de 1º e 2º de ESO: Un vale de 10 euros para a
Cafetaría do centro e un libro de relatos de terror.
Relato
ganador nos niveis de 3º e 4º de ESO): Un
vale de 10 euros para a Cafetaría do centro e un libro de relatos de
terror.
“Algo pasa na
biblioteca do Macías na semana de Defuntos. Todas as mañás aparecen os libros
do mesmo andel estrados polo chan, e unhas misteriosas pegadas que rematan na Dirección...
“