22 de novembro de 2022

MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO






  • Este venres, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
  • Día no que se denuncia a violencia machista e se reclaman políticas para a súa erradicación en todo o mundo.
  • Erradicación de todas as formas de violencia machista:  violencia física e psicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual, trata de mulleres e asasinatos.
  •  As mulleres son asasinadas só polo feito de seren mulleres a mans de homes que as consideran da súa propiedade. 
  • 1168 mulleres foron asasinadas en España dende que se comezou a levar a conta no ano 2003.
  • 38 mulleres asasinadas no que levamos deste ano 2022.


 


Neste pasado ano 2021 celebrouse o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e foi esta muller, feminista nunha época na que a muller estaba só relegada ao papel de nai e esposa, quen nos deixou un texto escrito hai máis de 120 anos que  por desgraza é de total actualidade. 

 
MULLERICIDIOS

Seguen á orde do día os asasinatos de mulleres. Aprenderon os criminais que iso de “a paixón” é unha gran defensa, e que pola “paixón”, sáese á rúa libre e en paz de Deus, e non se descoidan en revestir de cores pasionais os seus desafogos mullericidas.

Paixón? Non: cobiza e barbarie. A paixón é nobre, e estes criminais mullericidas obedecen aos impulsos máis innobres e baixos. O que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademais de criminal é un covarde.

O mullericidio sempre debería reprobarse máis que o homicidio. Non son os homes os fortes, os poderosos? O abuso do poder non é circunstancia agravante? Cando matan, cruelmente, a muller, non se lles debería esixir máis estrita conta? 

Porén a historiografía da criminalidade abunda en mullericidios, impunes moitas veces. O home, en xeral, pensa vagamente que por ser home ten dereito de vida e morte sobre a muller. Os resultados desta crenza vémolos acotío. 
Ata cando durará esta vaga de paixón?
 
 

As mulleres estamos:


FARTAS DE QUE CUESTIONEN COMO VESTIMOS!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN O QUE TEMOS QUE FACER E COMO FACELO!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN QUE E COMO TEMOS QUE PENSAR!

FARTAS DE TER MEDO A SAÍR SOAS Á RÚA!

FARTAS DE QUE NOS MATEN!        
 
 
IES MACIAS O NAMORADO DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Orientación 


9 de novembro de 2022



XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O día 4 de novembro

    Homenaxeados: 

  • Ángeles Alvariño (oceanógrafa)
  • Evaristo Galois (matemático francés)

Dia da Ciencia en galego 2022


O día catro de novembro celébrase o XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, celebración que pretende salientar a difusión do coñecemento científico no noso idioma, contribuír a promover a investigación desenrolada na nosa lingua e salientar as achegas dos galegos e das galegas á ciencia universal. 


As persoas homenaxeadas neste ano 2022 son:


  • A oceanógrafa galega Ángeles Alvariño
  • O matemático francés Evaristo Galois

Por se é do voso interese, podedes atopar información e actividades en:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/015913/celebracion-del-dia-ciencia-gallego-contribuye-poner-valor-uso-del-idioma-ambito?langId=gl_ES

http://www.cienciaengalego.org

http://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/galego

http://consellodacultura.gal/noticia_arquivo.php?id=9118&tipo=noticiaarquivo&arq=1

 

Saúdos!!!


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DA BIBLIOTECA

PARTICIPACIÓN E PREMIOS DO CONCURSO DE SAMAÍN🎃


CONCURSO DE CABAZAS🎃

O 1º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA...........Iker Martínez Sóñora (1º B)


O 2º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA.......José Villaverde Casado (1ºA)



CONCURSO DE DISFRACES👻

O 1º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........" A Peste!"  Candela Bello Rodríguez (2ºA)



O 2º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........."A Santa Compaña!!" GRUPO formado por:

Iker Martínez, Lucas Somoza, Alonso Orosa e Elías Rey



A RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE MICRO RELATOS CURTOS DE ULTRATUMBA💀📝

 

1º PREMIO: Daniel Trigo Rodríguez 2ºB por Unha cabaza especial”

 

2º PREMIO: Samuel Ocando Castro 3ºB por “Volven”


NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!! 


E AGORA.......UN PEQUENO RESUMO DO SAMAÍN 2022



 GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS PARTICIPANTES!!!!!!!




ENTREGA DE PREMIOS O VENRES NO 2º RECREO (BIBLIOTECA)