24 de febreiro, día de Rosalía
Lia Pamina e os Peregrinos musicaron varios poemas de Follas Novas.
Deixámosvos aquí o precioso video que elaboraron. Non o perdades!
24 de febreiro, día de Rosalía
Lia Pamina e os Peregrinos musicaron varios poemas de Follas Novas.
Deixámosvos aquí o precioso video que elaboraron. Non o perdades!
BASES PARA O CONCURSO DE HAIKUS
1ª Concurso aberto a todo o alumnado do IES Macías o Namorado.
2ª Presentaranse versos (con ou sen rima), frases ou aforismos orixinais e non publicados anteriormente nin en medios analóxicos nin dixitais. Tamén se poden presentar textos orixinais seguindo a estructura tradicional do haiku: Estrofa de tres versos que sumen 17 sílabas.
3ª Os textos presentaranse en galego ou castelán e poden ir acompañados dunha ilustración, dun debuxo ou viñeta complementarias.
4ª Pódese presentar máis dun haiku por participante.
5ª O tema único será o amor, relacionándose cun elemento natural ou establecendo unha referencia á Natureza.
6ª A data límite será o día 21 de febreiro de 2020.
7ª Os textos pódense presentar en papel ou na Aula Virtual da Biblioteca.
a) Os textos que se presenten en papel deben escribirse nun folio dobrado, a man, ordenador ou máquina de escribir. Na parte exterior do folio indicarase o nome, apelidos e o curso.
Os textos serán entregados a calquera dos membros da Coordinadora, nas aulas de galego ou castelán, ou na Biblioteca.
b) Os textos que se envíen ao Aula VIrtual deberán entregarse en "TAREFAS CONCURSO" en formarto PDF.
8ª PREMIOS.
Primeiro premio: dous libros de poemas (en galego e castelán) e un vale de 10 euros para a Cafetaría do centro.
Segundo premio: dous libros de poemas (en galego e castelán) e un vale de 5 euros para a Cafetaría do centro.
O nome da gañadora ou gañador do concurso e o día de entrega de premios será o día 27 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de Rosalía no centro.
9ª O Xurado está composto polos membros da Coordinadora da Biblioteca, integrada pola profesora Isabel Mouriño Botana e polos prorfesores Xesús López Carreira e Miguel Ángel Prieto.
Hoxe celébrase o día para non esquecer a participación da muller na ciencia e súa impronta no desenvolvemento científico e técnico. Debemos lembrar que ás mulleres tamén fixeron posible o progreso da humanidade, aínda que moitas veces foron silenciadas. Nos seguintes enlaces podedes atopar dous videos moi interesantes:
www.nomorematildas.com
www.youtube.com/watch?v=Hc6kK168SM8
ELISA E MARCELA: UNHA HISTORIA DE AMOR
Agora que xa pasou a Candeloria e xa casaron os paxariños, toca celebrar o Día dos Namorados.É este un bo día para coñecer a valente historia de amor de Elisa e Marcela.“Unha das máis extraordinarias historias de amor de todos os tempos” en palabras de Manuel Rivas.
No seguinte enlace podes ler (e descargar) a banda deseñada que Xulia Vicente creou sobre a historia destas dúas mulleres. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4372
Nestoutro enlace podes ver un vídeo para saberes máis sobre o proceso de elaboración desta Banda deseñada.
https://www.youtube.com/watch?v=FmtlGQsB-08&feature=emb_logo
Este martes reunise o clube de lectura de 4º de ESO para partillar impresións sobre o libro O FARO ESCURO de María López Sande. Grazas a todos os participantes, foi ben interesante e divertido escoitar as vosos comentarios.
En breve, publicaranse as bases do II concurso de Haikus namorados. Preparadevos para deixar voar os vosos sentimentos, inquedanzas e desexos. Recordade que haberá uns marabillosos premios para os mellores haikus.
Segue a pleno funcionamento o concurso de micrrorelatos, Micromaciatos Namodeados, con grande aceptación por parte do alumnado.
O venres 15 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de lectura de 3º de ESO. Tivo que ser telemática, polo dichoso virus, pero non nos queda outra.
A nosa primeira lectura foi O CORAZÓN DE XÚPITER, dunha das vosas escritoras favoritas, Ledicia Costas. Todos coincidimos en que foi unha lectura dura pero gratificante. Ledicia Costas toca temas que lamentablemente non deixan de ser actualidade: a pederastia, o acoso escolar, o engano… Pero tamén teñen presenza a amizade e o amor.
Animádevos a lelo!
CLUBE DE LECTURA
BIBLIOMACÍAS
NOVAS
GRUPOS DE LECTURA
Xa están establecidos os grupos do clube de lectura, que quedan como segue:
- Grupo de 1º e 2º ESO a cargo do profesor Xesús López Carreira.
- Grupo de 3º e 4º ESO a cargo da profesora Isabel Mouriño Botana.
- Grupo de 1º de Bach. a cargo da profesora Lourdes Lema Porteiro e do profesor Miguel Ángel Prieto.
CONVOCATORIA DE AXUDAS
- A Consellería concedeu 925 euros de axuda a Biblioteca para incentivar a lectura a través do Clube de lectura.
CONCURSO DE MICRORRELATOS MICROMACIATOS NAMODEADOS
MICROMACIATOS NAMODEADOS
Propoñémosvos un concurso de micro-relatos encadeados. Consiste na creación de pequenos relatos a partir dunha oración ou frase dada.
A partir dunha oración ou frase que vos proporemos, teredes que crear o 1º micro-relato.
1) De entre todos os relatos presentados, o profesorado de LG e o equipo da Biblioteca seleccionará tres. Deses textos seleccionados, o alumnado participante escollerá o que considere o mellor.
2) O segundo relato terá como frase ou oración de inicio aquela coa que remate o primeiro relato seleccionado. O terceiro relato comezara coa frase ou oración que remate o segundo seleccionado, e así sucesivamente ata o relato que peche o concurso.
3) Os relatos deberán subirse en prazo e en formato PDF á aula virtual de LG do curso da/do participante ou da Biblioteca.
4) Os relatos deberán estar en galego e a selección do gañador ou gañadora de cada fase farase atendendo á creatividade do texto, así como á corrección formal do mesmo.
5) Establécense dúas categorías, unha para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outra para o alumnado de 3º e 4º.
6) Unha vez rematadas as fases do concurso, as/os integrantes do equipo da Biblioteca do IES escollerán, entre os relatos seleccionados en cada unha delas, o relato gañador do concurso.
7) Os relatos seleccionados en cada fase e os gañadores publicaranse no blog da Biblioteca do IES Macías o Namorado.
8) Os relatos deberán manter o seguinte formato:
a) Letra “Calibrí” tamaño 12.
b) Como encabezamento, na primeira liña e centrado na mesma, en letras maiúsculas e subliñadas, un título relacionado co contido do relato.
c) Na segunda liña comezará o relato coa frase ou oración proposta como inicio (en letra negriña), e a continuación desta, na letra establecida, o relato.
d) O relato terá unha extensión dun mínimo de 100 palabras e un máximo de 150, para o que se contará a frase de inicio pero non o título.
FORMA DE PRESENTACIÓN DO RELATO:
TÍTULO DO RELATO
Oración ou frase de inicio do relato e texto do relato...