30 de maio de 2013

Que che pareceron as pegadas?

Agora tes a oportunidade de contarnos cal das pegadas che gustou máis, se atopaches dúas que coincidiran do mesmo libro, se che pareceron ben feitas, se participaches ou se quedaches ás portas, se che pareceu unha boa forma de fomentar a lectura e, sobre todo, se puideches comprobar cantas desas obras tiñas xa lidas.
Entra en comentarios e deixa o teu contestando a algunha destas preguntas ou deixando o comentario que queiras. Entre todos e todas podemos facelo mellor. Ánimo!!!

27 de maio de 2013

Entre o Libro e as Letras

Estamos de festa! As pegadas dos vosas lecturas enchen a entrada do instituto, baixan as escaleiras e chegan até a biblioteca onde podedes atopar unha mostra dos libros que máis gustaron ó alumnado e ó profesorado.
Temos escollido algúns dos máis salientables para ilustrar esta noticia e para agradecervos o traballo que neles se advirte: non so aparecen os textos dos libros, tamén a vena artística que moitos e moitas quixéchedes deixar neles. Non están todos, pero nesta pequena mostra queremos darvos os parabéns por colaborar nunha actividade tan fermosa. Que se repita!!!




16 de maio de 2013

O noso trimestre positivo

Chega por fin  o trimestre positivo!!!!!
Os relatos positivos de gran parte do alumnado estiveron estes días expostos polas escaleiras do Centro. Moitos e moitas disfrutaron lendo o que outros escribiron: o día no que chegou a súa mascota, un momento campestre en familia, unha viaxe soñada ...
Por un tempo, a crise ficou aparcada. Grazas a todos e a todas. Con todos os traballos faremos un libro que estará na biblioteca.

2 de maio de 2013

Libros que deixan pegada

Nos próximos días recibiredes do voso profesorado a petición de que sinaledes un libro que vos gustase moito e que poñades unha frase del nun papel . Con todos os textos que traiades faremos un camiño que paseniñamente dirixirá os vosos pasos... Onde? Se queredes sabelo non tedes máis que seguir as pegadas que atopedes.