20 de febreiro de 2014

O Macías homenaxea a Rosalía de Castro

Este venres 21, o profesor e premio Xerais de novela Manuel Lorenzo Baleirón, presentará no salón de graos o seu último libro Sen agardar a Ulises.  Con el , Baleirón pretende achegar a figura de Rosalía a lectores doutras linguas. En palabras del " é importantenon perdermos esta oportunidade de ofrecerlle a nosa mellor literatura ao mundo e de achegar a outros países a personalidade e a obra que sostén a nosa construción cultural”.

A obra ‘Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía’, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, inclúe unha tradución ao castelán, realizada polo propio Manuel Lorenzo Baleirón; ao inglés, da autoría de John Rutherford; e ao francés, de Christine García.

Temos unha excelente oportunidade de coñecer facetas descoñecidas da vida de Rosalía e a inmensa sorte de escoitar de novo ao noso compañeiro e profesor  do centro.



Co gallo da presentación do seu libro, o autor concedeu unha entrevista ao programa da TVG "Zig-zag" Se queres ver a entrevista clica aquí.

5 de febreiro de 2014

30 de xaneiro DÍA DA PAZ





Nelson Mandela é a persoa a quen dedicamos este día da paz 2014 como homenaxe a toda unha vida de loita contra as cadeas da escravitude. O poema asignado a el,que remata coa frase " ..eu serei o capitán da miña alma", reflecte que cada un pode dirixir o seu destino e romper as cadeas, que ás veces son reais, mais outras están tecidas cun fío invisíbel que nos impiden ser conscientes da nosa propia escravitude.
                                     









  
 O mundo precisa moitos Mandelas, quen deixou testemuño coa súa vida do que pode supón o compromiso pola liberdade. Hoxe, por desgraza, comprobamos que a escravitude non desapareceu. Hoxe, coma antes, hai mulleres que son raptadas para seren explotadas sexualmente baixo o que coñecemos como "trata de brancas". Mafias organizadas campan ás súas anchas mentres os gobernos, xordos, cegos, mudos, non afrontan coa seriedade que merece este problema. A escravitude do século XXI existe na pel destas mulleres.