22 de novembro de 2022

MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO






  • Este venres, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
  • Día no que se denuncia a violencia machista e se reclaman políticas para a súa erradicación en todo o mundo.
  • Erradicación de todas as formas de violencia machista:  violencia física e psicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual, trata de mulleres e asasinatos.
  •  As mulleres son asasinadas só polo feito de seren mulleres a mans de homes que as consideran da súa propiedade. 
  • 1168 mulleres foron asasinadas en España dende que se comezou a levar a conta no ano 2003.
  • 38 mulleres asasinadas no que levamos deste ano 2022.


 


Neste pasado ano 2021 celebrouse o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e foi esta muller, feminista nunha época na que a muller estaba só relegada ao papel de nai e esposa, quen nos deixou un texto escrito hai máis de 120 anos que  por desgraza é de total actualidade. 

 
MULLERICIDIOS

Seguen á orde do día os asasinatos de mulleres. Aprenderon os criminais que iso de “a paixón” é unha gran defensa, e que pola “paixón”, sáese á rúa libre e en paz de Deus, e non se descoidan en revestir de cores pasionais os seus desafogos mullericidas.

Paixón? Non: cobiza e barbarie. A paixón é nobre, e estes criminais mullericidas obedecen aos impulsos máis innobres e baixos. O que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademais de criminal é un covarde.

O mullericidio sempre debería reprobarse máis que o homicidio. Non son os homes os fortes, os poderosos? O abuso do poder non é circunstancia agravante? Cando matan, cruelmente, a muller, non se lles debería esixir máis estrita conta? 

Porén a historiografía da criminalidade abunda en mullericidios, impunes moitas veces. O home, en xeral, pensa vagamente que por ser home ten dereito de vida e morte sobre a muller. Os resultados desta crenza vémolos acotío. 
Ata cando durará esta vaga de paixón?
 
 

As mulleres estamos:


FARTAS DE QUE CUESTIONEN COMO VESTIMOS!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN O QUE TEMOS QUE FACER E COMO FACELO!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN QUE E COMO TEMOS QUE PENSAR!

FARTAS DE TER MEDO A SAÍR SOAS Á RÚA!

FARTAS DE QUE NOS MATEN!        
 
 
IES MACIAS O NAMORADO DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Orientación 


9 de novembro de 2022



XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O día 4 de novembro

    Homenaxeados: 

  • Ángeles Alvariño (oceanógrafa)
  • Evaristo Galois (matemático francés)

Dia da Ciencia en galego 2022


O día catro de novembro celébrase o XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, celebración que pretende salientar a difusión do coñecemento científico no noso idioma, contribuír a promover a investigación desenrolada na nosa lingua e salientar as achegas dos galegos e das galegas á ciencia universal. 


As persoas homenaxeadas neste ano 2022 son:


  • A oceanógrafa galega Ángeles Alvariño
  • O matemático francés Evaristo Galois

Por se é do voso interese, podedes atopar información e actividades en:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/015913/celebracion-del-dia-ciencia-gallego-contribuye-poner-valor-uso-del-idioma-ambito?langId=gl_ES

http://www.cienciaengalego.org

http://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/galego

http://consellodacultura.gal/noticia_arquivo.php?id=9118&tipo=noticiaarquivo&arq=1

 

Saúdos!!!


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DA BIBLIOTECA

PARTICIPACIÓN E PREMIOS DO CONCURSO DE SAMAÍN🎃


CONCURSO DE CABAZAS🎃

O 1º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA...........Iker Martínez Sóñora (1º B)


O 2º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA.......José Villaverde Casado (1ºA)



CONCURSO DE DISFRACES👻

O 1º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........" A Peste!"  Candela Bello Rodríguez (2ºA)



O 2º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........."A Santa Compaña!!" GRUPO formado por:

Iker Martínez, Lucas Somoza, Alonso Orosa e Elías Rey



A RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE MICRO RELATOS CURTOS DE ULTRATUMBA💀📝

 

1º PREMIO: Daniel Trigo Rodríguez 2ºB por Unha cabaza especial”

 

2º PREMIO: Samuel Ocando Castro 3ºB por “Volven”


NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!! 


E AGORA.......UN PEQUENO RESUMO DO SAMAÍN 2022



 GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS PARTICIPANTES!!!!!!!




ENTREGA DE PREMIOS O VENRES NO 2º RECREO (BIBLIOTECA)

















14 de outubro de 2022

 🎃TRUCO OU TRATO?🎃


A biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística presentan...

O SAMAÍN 2022

28 / 10 /2022

      • CONCURSO DE DISFRACES (día 28)
      • CONCURSO DE CABAZAS (días 26 e 27)
      • CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE ULTRATUMBA (ata 03/11 para participar)

👉👉👉👉PREMIOS PARA AS PERSOAS GAÑADORAS!





21 de xuño de 2022

 


No verán...



Pasa páxina







Rematamos este curso cun sorriso de satisfacción por todo o traballo que fixemos xuntos na Biliomacías.Temos que agradecer a todas as persoas que colaborastes con nós de distintos xeitos: como usuarios e usuarias da bilbioteca, colaborando nos concursos, axudándonos nas exposicións, participando nas excursións, formando parte dos clubs de lectura...



Lembrade que podedes levar libros da Bibliomacías para o verán. Tedes no recibidor do instituto algunhas suxestións e tamén vos deixamos aquí as recomendacións da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Agardamos que sigades colaborando con nós no vindeiro curso e desexámovos que pasedes unhas felices vacacións. Lembrade que no verán, hai que pasar páxina.

Non deixedes de ler nunca!




7 de xuño de 2022

 

Derradeira reunión do club de lectura

Esta semana fixemos a derradeira reunión do club de lectura de terceiro de ESO.  Parabéns ás nosas lectoras e moito ánimo para non deixardes nunca de ler. 

O libro que nos serviu para baixarmos a persiana do club é unha novela negra, O CONSERXE, de X.L. Vázquez Somoza.


Un triste acontecemento perturba a vida nun IES: o cadáver de Iria, unha alumna de 1º de bacharelato , aparece colgado no aro dunha canastra. A policía cre que se trata dun sucicidio, pero o conserxe do instituto non está de acordo, así que comeza unha investigación pola súa conta que o leva a descubrir que nada é o que parece.

Unha novela que atrapa desde o comezo e que pode ser unha boa 

lectura para este verán.

 

20 de maio de 2022

Prematuro  adeus a Domingo Villar, 

pai literario do inspector Leo Caldas

Domingo Villar foi un referente na novela negra española dos últimos tempos. As historias, ambientadas na ría de Vigo, do inspector Leo Caldas en libros como Ollos de auga, A praia dos afogados ou O último barco acompañáronnos e seguirán acompañándonos durante moito tempo.  













16 de maio de 2022

Feliz Día das Letras Galegas !

 

No seguinte vídeo podes informarte sobre Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras

https://www.youtube.com/watch?v=J4W5JxWd0ds 

Escoita a interpretación do seu  poema    A Pandeirada 


Agora  intentar face o seguinte  PASALAPABRA   sobre a vida e obra de Florecio Delgado


29 de abril de 2022

 


CONTOS DE FANTASMAS 

 

NO MUSEO

 


O martes 26 de abril desprazámonos a Lugo para participar nas
actividades que o Museo Provincial organiza arredor do libro Contos de fantasmas no museo, que leu o alumnado dos clubes de lectura da ESO.

 O libro, publicado polo museo, componse dunha 

serie de relatos ambientados no museo e 

elaborados por autores e autoras con moita 

aceptación nos clubes de lectura, coma 

Andrea Maceiras, Carlos Negro, Ledicia 

Costas...

A xornada completouse cun ameno percorrido por lugares 

interesantes de Lugo e a súa muralla.

 

 O comportamento dos nosas lectoras e lectores foi

 IMPECABLE, deixando impresionados ao persoal do museo e do

 á guía do roteiro pola muralla. 

Moitísimas grazas a todas e a 

todos.








 

 



25 de abril de 2022

               Día do libro, 23 de abril

O día 23 de abril, celebramos un ano máis o Día Internacional do Libro. Esta festa foi creada pola Unesco no 1995 para poñer de relevo a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural.

Deixámosvos unha ligazón á PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL DA XUNTA, onde poderás atopar, por exemplo, os libros máis lidos nos clubes de lectura:

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 

 

 Velaquí os libros máis lidos nos clubes de lectura