Aquí vos deixamos unhas fotos dos clubs de lectura Ágora.
Pasámolo moi ben!
Vémonos en novembro con máis lecturas!!
25 de outubro de 2017
Orgullos@s do noso alumnado!!!
Moitísimas felicidades!!!
Dende a Biblioteca, ágora aberta a nosa comunidade educativa, queremos felicitar ao noso alumnado de Bacharelato polo traballo ben feito e recoñecido no OUFF (Festival de cine internacional de Ourense).
22 OUFF | VERBA | OUFF ESCOLA from OUFF - Ourense Film Festival on Vimeo.
Dende a Biblioteca, ágora aberta a nosa comunidade educativa, queremos felicitar ao noso alumnado de Bacharelato polo traballo ben feito e recoñecido no OUFF (Festival de cine internacional de Ourense).
22 OUFF | VERBA | OUFF ESCOLA from OUFF - Ourense Film Festival on Vimeo.
24 de outubro de 2017
19 de outubro de 2017
O PROXECTO ÁGORA: UN ESPAZO DE RESISTENCIA COA FILOSOFÍA
Onte mércores, 18 de outubro, a nosa benquerida María Vilas e Jorge Cendón, estudantes de filosofía, viñeron á nosa biblioteca para presentar LAZARUS, unha revista de Filosofía e Arte confeccionada polo alumnado da súa facultade. A verdade é que este encontro con Vilas e Cendón resultou moi interesante, porque nel saiu a colación algo ben importante: a construción dun pensamento libre, propio, que xorde sempre do autocoñecemento. María Vilas incidiu na idea de que a filosofía aparece no momento no que unha persoa, independentemente do seu nivel cultural, comeza a facerse preguntas sobre aquilo que a arrodea, porque decide non aceptalo sen máis. Insistiu por tanto tamén na recuperación do feito de filosofar como algo que todas e todos podemos facer. Non só cando cuestionamos os nosos sistema de crenzas, mais tamén cando actuamos. Así, para ela, viaxar é tamén filosofía, do mesmo xeito en que o é falar de arte, de cinema ou de teatro. A filosofía, engadiu Jorge Cendón está en todo. Tamén na xestión das emocións.
Nesta conversa, pareceunos moi atinado o que apuntou o novo profe de Filosofía, Álvaro, que puxo enriba da mesa algo ben interesante. Referímonos á idea que latexaba polo baixo da charla e da propia revista LÁZARUS: a necesidade de crear ESPAZOS DE RESISTENCIA, porque neles poden facer oír a súa voz, para manifestaren opinións, ideas ou, moi importante, elaborar proxectos en común.
Álvaro, o profe de Filosofía, a falar dos ESPAZOS DE RESISTENCIA.
María Vilas e Jorge Cendón presntando LÁZARUS.
O alumnado de 1º de BACHARELATO durante a charla.
Nesta conversa, pareceunos moi atinado o que apuntou o novo profe de Filosofía, Álvaro, que puxo enriba da mesa algo ben interesante. Referímonos á idea que latexaba polo baixo da charla e da propia revista LÁZARUS: a necesidade de crear ESPAZOS DE RESISTENCIA, porque neles poden facer oír a súa voz, para manifestaren opinións, ideas ou, moi importante, elaborar proxectos en común.
María Vilas e Jorge Cendón presntando LÁZARUS.
O alumnado de 1º de BACHARELATO durante a charla.
CINERÁGORA VISITA A SALA NUMAX
Eis o alumnado do Macías que asistiu á sala de cinema NUMAX, para ver PHANTOM BOY.
Laura e Iago durante a viaxe a Compostela.
Velaquí Alejandro e José botando unhas risas no bus, de camiño a Numax
Candela, Paula, Araceli, Catuxa, Nerea e Carmen, ademais de Iago, Iria, Alejandro, Hugo Lucas e Aarón nas primeiras filas. Detrás vemos a Aldara Hernaiz en plena conversa... Quedaban apenas uns minutos para a proxección de PHANTOM BOY. Que ben o pasamos!!
18 de outubro de 2017
Reunión dos clubs de lectura ÁGORA
O próximo martes, 24 de outubro, celebraremos a primeira reunión dos clubs de lectura ÁGORA.
Xuntarémonos na Biblioteca do centro ás 15:15.
O alumnado de primero e segundo, coordinado pola profesora Anabel, comentará o libro de Agustín Fernández Paz, Rapazas.
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que
sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que
segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas
son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de
Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para
adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común:
todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas
de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada
adolescencia. A nova edición de Rapazas dentro da colección Fóra de Xogo
foi totalmente revisada polo autor, que reescribiu cada un dos contos
publicados por Xerais en 1993.
As rapazas e rapaces de 4º e de 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora Lourdes, farán o mesmo, pero co libro de Marjane Satrapi, Persépole.
Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con
varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e
Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême,
ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a
súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á
súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.
Contamos con vós!
10 de outubro de 2017
CINERÁGORA CON NUMAX NA ESCOLA
Mañán mércores 11 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º BAC, que forma parte do Cineclub CINERÁGORA, acudirá á Sala NUMAX para ver o filme de animación PHANTOM BOY, dos directores Alain Gagnol e Jean-Loup Felicioli, que forma parte do programa NUMAX NA ESCOLA.
Temos moita ilusión nesta experiencia, que, continuaremos ao longo do curso, pois iremos dúas veces máis a NUMAX.
O noso CINERÁGORA está a ter unha grande acollida, pois xa contamos con case corenta rapazas e rapaces, que acoden cada quince días para ver un filme. Polo de agora vimos dous, "Branca de Neve e a lenda do cazador" e "Maléfica" e houbo un debate ben interesante.
A aceptación é tal que xa queren repetir o luns da semana que vén. Que veremos??? Un episodio de BLACK MIRROR. Cal?
SORPRESA!
4 de outubro de 2017
Clubs de lectura ÁGORA
Este curso botamos andar con dous clubs de lectura no IES Macías o Namorado; un para o primeiro ciclo, coordinado por Anabel, e outro para 4º e 1º de Bach. da man de Lourdes.
As lecturas para o mes de outubro son:
Persépole de Marjane Satrapi e Rapazas de Agustín Fernández Paz.
O noso primeiro encontro será o martes 24 de outubro na Biblioteca.
Animádevos a participar! A nosa ágora está aberta para tod@s!!!
As lecturas para o mes de outubro son:
Persépole de Marjane Satrapi e Rapazas de Agustín Fernández Paz.
O noso primeiro encontro será o martes 24 de outubro na Biblioteca.
Animádevos a participar! A nosa ágora está aberta para tod@s!!!
Novo curso, novo proxecto: ÁGORA
Comezamos curso che@s de proxectos e ilusións.
O novo equipo da biblioteca do IES Macías o Namorado xa leva máis dun mes preparando todo para un novo curso; o equipo cambia, pero as ilusións e as ganas seguen as mesmas. Agradecemos o traballo de Maruxa, Mar e Esperanza, e recollemos o seu legado, Anabel, Rosa e Lourdes; esperamos estar á altura.
As nosas cabezas bulen con ideas, proxectos, actividades, colaboracións..., desexamos poder ir pouco a pouco dándolle forma e implicando a toda a Comunidade educativa do noso centro.
Este ano xa temos en marcha dous clubs de lectura, un cineblub, CINERÁGORA, concertadas varias visitas de escritoras, roteiros literarios, saídas culturais..., e estamos abertas a todo o que vaia xurdindo.
Crearemos unha conta en twiter, para que as nosas actividades, que sempre foron numerosas e exitosas, teñan unha maior proxección e unha canle de comunicación nas redes.
Celebraremos eventos sociais e literarios en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística, cos distintos Departamentos didácticos e co Concello de Padrón, mais, sobre todo, mercaremos libros e levaremos a cabo actividades dinamizadoras para introducir a tod@s no apaixoante mundo dos libros.
Contamos con vós!!!
Moitas grazas e felices lecturas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)