21 de xuño de 2022

 


No verán...



Pasa páxina







Rematamos este curso cun sorriso de satisfacción por todo o traballo que fixemos xuntos na Biliomacías.Temos que agradecer a todas as persoas que colaborastes con nós de distintos xeitos: como usuarios e usuarias da bilbioteca, colaborando nos concursos, axudándonos nas exposicións, participando nas excursións, formando parte dos clubs de lectura...



Lembrade que podedes levar libros da Bibliomacías para o verán. Tedes no recibidor do instituto algunhas suxestións e tamén vos deixamos aquí as recomendacións da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Agardamos que sigades colaborando con nós no vindeiro curso e desexámovos que pasedes unhas felices vacacións. Lembrade que no verán, hai que pasar páxina.

Non deixedes de ler nunca!




7 de xuño de 2022

 

Derradeira reunión do club de lectura

Esta semana fixemos a derradeira reunión do club de lectura de terceiro de ESO.  Parabéns ás nosas lectoras e moito ánimo para non deixardes nunca de ler. 

O libro que nos serviu para baixarmos a persiana do club é unha novela negra, O CONSERXE, de X.L. Vázquez Somoza.


Un triste acontecemento perturba a vida nun IES: o cadáver de Iria, unha alumna de 1º de bacharelato , aparece colgado no aro dunha canastra. A policía cre que se trata dun sucicidio, pero o conserxe do instituto non está de acordo, así que comeza unha investigación pola súa conta que o leva a descubrir que nada é o que parece.

Unha novela que atrapa desde o comezo e que pode ser unha boa 

lectura para este verán.