23 de marzo de 2021

CLUB DE LECTURA DE MARZO - 1º DE BACHARELATO

Non hai nada máis fermoso que unha reunión en torno a un libro para celebrar a chegada da primavera.


E dito e feito, aquí estamos na biblioteca do IES Macías o Namorado disfrutando da nosa paixón pola lectura coa rapazada de 1º de Bacharelato.


Como quedaron tan encantad@s co libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales Santomé do primeiro trimestre, decidimos repetir autora; xa que tivemos noticia de que publicou unha "novela negra arrasadora".


Que opinarán eles???? Esperamos ansiosos os seus comentarios.








22 de marzo de 2021

 

O día 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía. No seguinte enlace podes ver un vídeo elaborado pola Deputación de Pontevedra para celebrar esta data.

 


 https://m.facebook.com/DeputacionPontevedra/videos/466464034545391/?refsrc=https%3A%2F%2Fm.facebook.com%2Fwatch%2F&_rdr 

8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

                                     

                                            


      



 

Dende a Biblioteca do IES Macías o Namorado queremos participar neste día solidarizándonos coas mulleres e reivindicando a igualdade e a xustiza social.


Neste enlace pededes ver un vídeo de ANESVAD sobre aquelas mulleres que traballan pola igualdades o benestar e o acceso universal á saúde en África.