8 de marzo de 2023




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




(8 de marzo de 2023)




Un ano máis, celebramos o Día Internacional da Muller coa lectura, por parte de alumnas de 2º BAC dun manifesto no 2º recreo.




 





 


  

MANIFESTO 8M, DIA INTERNACIONAL DA MULLER



O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha data destacada no calendario internacional para lembrar que a desigualdade de xénero é unha realidade en todo o mundo e que se ben foron moitos os logros acadados, quedan moitas desigualdades que superar.


O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres por acadar a igualdade na sociedade e é, por tanto, unha xornada de reivindicación e loita contra a desigualdade entre homes e mulleres, representando ademais unha ocasión para a lembranza e homenaxe ás mulleres que impulsaron estes ideais.


As manifestacións feministas de mediados do século XIX en Estados Unidos e Inglaterra, directamente vinculadas coas consecuencias da industrialización, foron sinaladas como grandes fitos na historia feminista e da conmemoración do 8 de marzo. Nestas mobilizacións as mulleres demandaban mellores condicións de traballo e o recoñecemento do dereito fundamental ao voto. 


En Galicia tamén se produciron importantes mobilizacións de mulleres por motivos similares. En 1857, na Fábrica de Tabacos de A Coruña produciuse a primeira folga de mulleres da historia de España. Miles de mulleres manifestáronse en contra dunhas condicións de traballo de máxima precariedade, con xornadas de máis de doce horas e soldos de menos da metade do que cobraban os homes.


Todos os seres humanos somos iguais ante a lei e debemos ter opción de desfrutar de idénticas oportunidades para desenvolver as nosas capacidades e talentos.


A igualdade entre homes e mulleres é un principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos entre os que destaca a Convención sobre a Eliminación de todas as Normas de Discriminación contra a Muller, aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979, e ratificada por España en 1983.


O artigo 14 da Constitución Española proclama o dereito á igualdade e a non discriminación por razón de sexo. E o artigo 9.2 consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade sexa real e efectiva.

Pero ademais de reformas xurídicas cómpre que o sistema educativo se involucre con propostas docentes e metodolóxicas que garantan unha educación máis igualitaria e inclusiva.


Por iso, desde o IES Macías o Namorado reivindicamos máis educación en igualdade e con perspectiva de xénero.


 

POR UNHA SOCIEDADE MÍAS IGUALITARIA ONDE MULLERES E HOMES TEÑAN OS MESMOS DEREITOS E OPORTUNIDADES!



VIVA O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!



Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Biblioteca

 

DÍA DE ROSALÍA



(24 de febreiro de 2023)



O alumnado de 2º e 3º de E.S.O., xunto cos outros centros educativos deste concello, participaron na homenaxe a Rosalía de Castro oraganizada polo Concello de Padrón diante da estatua da Alameda.




O alumnado de 2º de ESO deron lectura a dous poemas de Rosalía:


o   Poema nº 17 de Cantares Gallegos: “Pasa río, pasa”.









o   “A xustiza pola man” de Follas Novas.







o   Alumnado de 3º de ESO recitaron dous poemas, un de Ramón Cabanillas e outro de Curros Enríquez, dedicados a Rosalía.









o   Grupo de Cantareiras de 2º BAC cantaron a cantiga de Tanxugueiras: Malquerenza.







o   Pechouse o acto coa recital poético-musical a cargo de Iolanda Eiras e Narci Rodríguez.


 




Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo da Biblioteca

7 de marzo de 2023



🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 🎭 🎉 


ENTROIDO IES MACÍAS O NAMORADO


  

(16 de febreiro de 2023)



    Baixo o motivo “Materias impartidas no IES”, alumnado organizado por titorías e cun mínimo de 6 participantes disfrazáronse collendo como elemento unificador, algo relacionado cunha materia do centro. 


    Ademais, para participar, compuxeron seis coplas (de catro versos con rima nos pares) das que dúas debían estar relacionadas co disfrace escollido, dúas debían tratar temas do IES e as outras dúas, temas xerais de actualidade. 


    Nas dúas últimas sesións da mañán do xoves, os/as participantes  desfilaron no Salón de Actos dando lectura as coplas elaboradas. Un xurado composto por profesorado do Centro escolleu a comparsa gañadora tendo en conta a orixinalidade do disfrace e a graza e calidade das coplas. 


O premio para a titoría completa da comparsa gañadora consitiu nun convite con bebida e petiscos na cafetería do instituto!!!


NORABOA Á comparsa gañadora!!!!:



1ºB de ESO 


(participaron con disfraces relacionados con personaxes de Historia)







A comparsa que quedou en 2º lugar foi a de 1º ESO-A que escolleu a materia de Inglés e participou como usuarios dun autobús de Londres.









Parabéns ás outras comparsas participantes!!!


 










 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo da biblioteca



XANEIRO É DE CASTELAO


(Do 30 ao 3 de febreiro de 2023)



Desenrolo das actividades realizadas:


·      Exposición, na entrada do IES, sobre Castelao: datos biográficos, faceta artística como narrador e debuxante e faceta política. Vinte e cinco cartaces con texto e fotografías.



 

·      Exposición de publicacións de Castelao na bibioteca do instituto.

 



 

·      Powerpoint sobre Castelao que de forma continua se pudo visualizar na pantalla da entrada do Centro.



























Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Equipo biblioteca