En todas partes onde alguén pranta unha semente, pode agromar sen dúbida un froito que, de cando en vez, resulta exquisito para o noso padal. É o curioso e sutil fío que ensarilla sensibilidade e intelixencia orixinando un suxeito creador que é quen de sublimar a percepción da realidade e das emocións nuns trazos fabulosos...
Alberte Villamarín, moi aprezado por compañeir@s e profesor@s, vén de gañar o 1ª Premio do Certame Novos Valores 2008 convocado polo Concello de Brión.
A entrega do premio, presidida polo edil Xosé Luís García e a Concelleira de Cultura Patricia Vázquez, entre outros, tivo lugar no Hotel Balneario Compostela o venres 13 de febreiro, un día que Alberte xa non esquecerá.
Dende a nosa Biblioteca e o noso Club de Lectura "Liñas de fuga", do que Alberte é un dos participantes máis activos,queremos darlle os parabéns a este alumno e ao seu profesor de Plástica, Manuel de la Rosa, que en todo momento potenciou o talento de Alberte facendo xurdir este froito saboroso.
Alberte,aquí, no instituto, estamos orgullosos de ti.
19 de febreiro de 2009
10 de febreiro de 2009
A LINGUA DO AMOR NA BIBLIOTECA
Amei-te tanto esta tarde
cando non estavas,
e estaba o ceu como un atlas de auséncia
esbarando nas horas!Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a súa fúria por acima de unha
sen piedade!
Non sei por que estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro,
dias en que quixera aniquilar-te
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.
Esta tarde amei-te como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.
Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas roitas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.
Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.Só sei que aquí me tés, a ti ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.Esta tarde amei-te como nunca,
pero ti non estavas.
"Sétima soidade" Pilar Pallarés
Colección Esquío de Poesía.
Imaxe da poeta

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)