30 de xuño de 2019
19 de xuño de 2019
CINERÁGORA : CICLO DE TERROR
CINERÁGORA: CICLO DE TERROR
Nesta última avaliación, que foi ben máis curta, tivemos 6 sesións do CINERÁGORA. Así é que, ademais da nosa visita á sala Numax -martes, 9 de abril- para vermos "À HAUTE VOIX", tivemos 6 pases ben interesantes no nos centro. Dado que acordaramos facer un Ciclo de Cinema de Terror, visionamos as seguintes fitas:
-LA PROFECIA,
-EL RESPLANDOR
-ALIEN
-AO FINAL DA ESCALEIRA
-POLTERGEIST
-REBECA
9 de xuño de 2019
5 de xuño de 2019
BESTIARIO POÉTICO
OBRADOIRO DE POESÍA CO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º ESO
O alumnado que integra o Club de Lectura, xestionado por Isabel Mouriño-, participou o mércores, 24 de abril, nun Obradoiro de Poesía impartido pola poeta e profesora Rosa Enríquez. O devandito Obradoiro tivo unha duración de cinco horas con dous descansos de 20 minutos polo medio.
Foi unha experiencia ben divertida xogar coa linguaxe, levala ao seu extremo e crear palabras, textos breves, imaxes... Por crear, creamos ata un Bestiario Poético con animais imposíbeis que, posteriormente, foron debuxados polo alumnado participante coa axuda da profesora Ana Pose. Fantástico traballo que tan ben nos queda neste noso espazo destinado á delicadeza: a Biblioteca.
Moitas grazas, Ana, polo teu bo facer! Grazas tamén ao alumnado do Club de Lectura!
30 de maio de 2019
6 de maio de 2019
Lecturas de 1 minuto
Abril é un mes bonito. Ás veces chove, pero non sempre. En todo caso, gostamos da chuvia, así é
que o noso equipo da biblioteca tira cara a adiante, á marxe das condicións meteorolóxicas.
Como diría Galeano hai que intentar a utopía, porque, malia non a acadar nunca totalmente, esa
tendencia de pretendermos un obxectivo difícil contribúe á nosa mellora.
Isto de "estar en la llama" -eis a expresión que adoitamos empregar para facer referencia á nosa loita
neste espazo educativo- gústanos, porque xera enerxía para facer cousas diferentes. Neste mes de
abril, de feito, levamos a cabo varias ben chulas. Obradoiros de Poesía, Lecturas nos recreos...
Velaquí a nosa favorita: AUTORAS DUN MINUTO

"AUTORAS DUN MINUTO".
Esta actividade consistía nunha lectura dun texto dalgunha escritora, poeta ou filósofa. Léronse
pois poemas de Emily Dickinson, Gloria Fuertes, Safo, Ernestina de Champourcín, fragmentos
de Simone Beauvoir, Despentes ou Hannah Arendt. Tamén fragmentos de Virginia
Woolf ou Belén Copegui, entre tantas outras. Iso si, fixemos fincapé nas nosas poetas galegas,
certamente brillantes e luminosas. Recitamos xa que logo poemas de Celia Parra, Alba Cid,
Arancha Nogueira, Yolanda López, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Olga Novo,
XELA ARIAS, Ana Romaní, Xiana Arias, MDC -que xa estivo con nós polo skype-,
María Reimóndez, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Olalla Cociña e moitas máis.

Foi emocionante para nós ver a nosa biblioteca OKUPADA polo alumnado, que, moi
xenerosamente, cedeu parte do seu tempo de lecer para contribuír ao
desenvolvemento desta nosa actividade, que se sitúa na liña do Proxecto Ágora, presentado
en claustro de xuño, no 2017 .
xenerosamente, cedeu parte do seu tempo de lecer para contribuír ao
desenvolvemento desta nosa actividade, que se sitúa na liña do Proxecto Ágora, presentado
en claustro de xuño, no 2017 .
Queremos agradecer á Dirección do centro o apoio incondicional que nos brindou para levar á práctica esta actividade, un apoio que se materializou na participación explícita de seu. Estamos moi ledas entón de que Chicho, MERCEDES e Severino depositasen a súa confianza en nós e lesen tamén algún texto. Chicho leu sobre a vida de Madame Curie, unha científica extraordinaria e Mercedes leu un fragmento ben interesante de Elsa Punset sobre a intelixencia emocional, non sempre ben traballada, malia ser imprescindíbel para mantermos relacións sás. Severino leu un anaco da biografía de Catalina la Grande.
Lourdes e máis eu procuramos sempre ver o lado positivo das cousas, porque nos gusta CONSTRUÍR, PARTICIPAR, COLABORAR e DAR APOIO ás compañeiras, que, coma nós, acreditan nun sistema educativo INTEGRADOR, INCLUSIVO e POROSO.
Facemos tamén explícito o noso agradecemento ás compañeiras que non se limitaron
a observar senón que colaboraron en todo, botando sempre unha man para que todo fluíse.
Balance positivo!!!
3 de maio de 2019
Festival Olloboi
Biblionamorad@s desexa moita sorte ao alumnado participante no traballo realizado a partires do roterio rosaliano feito en Padrón para celebrar o día de Rosalía.
A curta presentarase o próximo venres 10 de maio na 9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi.
Parabéns a todas as personas que fixeron posible o roteiro e a magnífica curta!!!!
Moitísima sorte!!!!
25 de abril de 2019
Semana do Libro 2019 - Lecturas de 1 minuto
Na semana do 24 de abril e de principios de maio tivemos na nosa Biblioteca
unha actividade incesante !
Organizamos unhas xornadas de lectura nos recreos, AUTORAS DUN
MINUTO, na que tanto o alumnado coma o profesorarado
leron fragmentos das súas escritoras favoritas. O percorrido literario foi
pois longo. De Safo a Despentes. De Beauvoir a Dickinson. De Olga Novo
a Estíbaliz Espinosa. Cada lectura era introducida por un breve comentario
na que a persoa participante explicaba o motivo da súa elección.
Alén destas sesións de lectura, houbo dous Obradoiros de Poesía,
impartidos por Rosa, destinados aos dous Clubs de Lectura:
O mércores, 24 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º e 2º ESO (5 horas)
O venres, 26 de abril: Obradoiro de Poesía
para 1º BAC (5 horas)
A verdade é que as persoas que integramos o equipo da
biblioteca -Lourdes Lema, Isabel Mouriño,
Ana Pose e Rosa Enríquez- estamos moi satisfeitas co
ambiente xerado neses días con todas estas actividades.
Seguimos entón facendo camiño para dar luz
e foco a un dos espazos máis necesarios en calquera centro
educativo: a biblioteca escolar.
3 de abril de 2019
BEFORE
AFTER
Onte, martes 2 de abril, tivemos un acto ben interesante na Biblioteca. A profesora Carme Saborido, impartiu unha charla sobre a lingua portuguesa para o alumnado de 1º ESO e 2º ESO. O devandito acto foi xestionado polo Equipo de Normalización Lingüística -coordinado por Matilde Pena- ao que Carme pertence.
Nesta charla, que durou dúas horas, o alumnado tivo a oportunidade de prestar atención a algo no que talvez non reparara moito: A IMPORTANCIA DO PORTUGUÉS NO MUNDO. Carme mencionou entón moitos dos lugares nos que se usa este idioma na vida cotiá, lugares tan singulares como unha parte da India ou de China. Tamén lles fixo ver a pertinencia de estudar esta lingua, dende un punto de vista práctico, para poder buscar traballo no Brasil, que, a día de hoxe, é unha das principais potencias económicas. Non ten de ser moi difícil para nós, como galegas/os, adquirir a destreza lingüística de nos comunicar nun idioma que xa sen o estudar comprendemos, algo lóxico se temos conta de que son galego e portugués son dúas linguas irmás...
A charla de Carme dividiuse entón en dúas partes. A primeira centrouse na visibilización da UTILIDADE e importancia de estudar portugués, pois, dende o punto de vista sociolingüístico e socioeconómico pode facilitar un desenvolvemente laboral exitoso.
A segunda parte da charla, a nosa profe centrouse en aspectos propiamente lingüísticos, amosando, por exemplo, as similitudes entre o galego e mais o portugués, así é que tirou cara a unha liña máis práctica.
Dende a Biblioteca, queremos dar os parabéns ao Equipo de Nromalización por esta iniciativa tan interesante e necesaria. Abrir a visión para que o alumnado adquira maior perspectiva parécenos imprescindíbel. Grazas, Carme Saborido! Queréseche moito aquí!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)