22 de febreiro de 2018
21 de febreiro de 2018
Club de lectura 1º e 2º ESO
Imparable!!!!
O Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reunirase por segunda vez este mes de febreiro o próximo martes 27.
Comentaremos o libro de Marcos Calveiro Palabras de Auga.
O Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reunirase por segunda vez este mes de febreiro o próximo martes 27.
Comentaremos o libro de Marcos Calveiro Palabras de Auga.
7 de febreiro de 2018
Concurso de cartas de amor!
Non vos despistedes!
Xa quedan só dous días para depositar as vosas cartas de amor no buzón situado la Biblioteca!!!❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️
Xa quedan só dous días para depositar as vosas cartas de amor no buzón situado la Biblioteca!!!❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️
Club de lectura
Onte, martes 6 de febreiro o club de lectura de 1º e 2º da ESO reuniuse para comentar o libro de Núñez Singala, O Achado do Castro, pero os catro protagonistas do noso club animáronse e interpretaron o último acto da obra teatral.
Aquí podedes ver a Arpexia (Sara), o Emperador (Alex), Carmiñae (Mireia) e Soldado 1 (Nerea).
Club de lectura - Ana Pose
Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión do 26 de xaneiro do clube de lectura organizado e coordinado pola profesora Ana Pose.
A semana pasada, tras rapear con certo éxito varios poemas de Antonio García Teijeiro, comezaron a preparar un rap co poema de Rosalía de Castro, "Lugar máis fermoso", para o día de 24 de febreiro.
Seguro que vai ser todo un éxito!!!!!

III
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n’hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada! (...)
no mundo n’hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada! (...)
5 de febreiro de 2018
Club de lectura - febreiro
Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega,
constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller
orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co
suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia
Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que
aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O
asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a
investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila
natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela
vibrante, que deixa sen alento a quen a le.
O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego.
O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego.
Este mes seleccionamos unha novela de crimen e misterio para comentar no clube de lectura ÁGORA.
1 de febreiro de 2018
Club de lectura - Febreiro
O club de lectura de primeiro e segundo da ESO,
reunirémonos este martes 6 de febreiro para comentar a obra de Manuel Núñez Singala O Achado do Castro.
reunirémonos este martes 6 de febreiro para comentar a obra de Manuel Núñez Singala O Achado do Castro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)