18 de febreiro de 2015
FELIZ DÍA DO AMOR
Chega febreiro e volve San Valentín. Como cada ano, aproveitando o fermoso nome do noso centro, adicamos este mes ao amor.
Temos unha exposición de literatura e cine na entrada do centro, xunto cun buzón donde podedes depositar as vosas cartas de amor. As mellores cartas serán agasalladas con amorosos premios.
Mes do AMOR 2015 on PhotoPeach
12 de febreiro de 2015
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Có
gallo da celebración do día Internacional da Paz e a Non Violencia,
o 30 de xaneiro, a biblioteca organizou unha serie de actos
conmemorativos ao longo de varios días.
Instalamos unha ampla exposición na entrada do centro cun Decálogo para medrar
na Paz, unha mostra dos distintos lugares do mundo donde existen
conflictos armados, unha selección de lecturas e audiovisuais sobre
o tema da Paz e unha aproximación aos galardoados co Premio Nobel da
Paz, todo elo xunto a distintos lemas de paz elaborados polo alumnado
do centro.
Tamén asistimos ao acto público celebrado na Casa de
Rosalía en Padrón, organizado polo Seminario Galego de Educación
para a Paz para escolares da nosa bisbarra
Por último, organizamos unha charla sobre a paz na convivencia diaria para
todo o alumnado de ESO, a cargo de Manuel Dios, coordinador do
Seminario Galego de Educación para a Paz.
Aquí queda a información gráfica das nosas actividades
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)