Hoxe, ás 15:15, tivemos a nosa primeira reunión do clube de lectura de 1º de Bacharelato; a verdade é que foi moi interesante e enriquecedora.
Estamos a vivir tempos estraños, pero o noso alumnado, coma sempre, está á altura das circunstancias. Non hai pandemia que impida aos nosos corazóns lectores disfrutar dos libros.
A lectura escollida para esta primeira reunión foi a de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Sandro, Nadia, Carolina, Paula, Lara, Uxía, Lucas, Icíar, Bruno e Hugo quedaron encantados coa historia, estivemos durante unha hora, que se nos fixo curta, compartindo as nosas impresións.
Grazas mil!!!
Lourdes.