Onte, mércores 10 de maio, celebráronse as semifinais e a final do I Torneo de xadrez "Letras galegas", resultando gañador Brais Pérez e subcampión Mateo Carril.
PARABÉNS PARA AMBOS OS DOUS.
O Torneo tivo unha moi boa acollida e resultou un éxito de participación e de público; salientar o espirito competitivo pero respetuoso entre todas/-os e cumpridor coas normas. Hai que felicitar ás/aos participantes e agradecer ás/aos profesores colaboradores a súa axuda para se celebrar este torneo.
Esperamos, dende a Biblioteca, poder continuar con esta actividade e próximas edicións.
Imaxe da final entre Mateo e Brais