14 de xuño de 2021

O PACTO DO LETARGO


Grazas a Miguel Anxo Prado pola fermosa dedicatoria do noso exemplar d`O pacto do letargo.

 

 

Pasade pola biblioteca para  ver a dedicatoria e animádevos a lelo se non o fixestes xa.

 


 

 

9 de xuño de 2021

 

 

EVA MEJUTO Premio dos Clubes de Lectura2021

 

Parabéns á escritora Eva Mejuto que vén de acadar o  Premio dos Clubs de Lectura 2021, que se concede anualmente ao autor ou autora máis lida.

 

Deixámosvos aquí dous dos seus libros que podedes coller na biblioteca.


 

«22 segundos»  relata, en primeira persoa, momentos da  infancia e xuventude dun  adolescente transexual que, desde os primeiros anos, sabe que a súa  identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. 

 

 

 

 


 

     «Memoria do silencio»   é a historia real das irmás Touza de Ribadavia que, durante os anos 40, salvaron a máis de 500 xudeus perseguidos polo nazismo

 

 

 

 

 

  Lembrade que podedes levar libros da biblioteca do instituto para o verán!