25 de novembro de 2010

Visita á Televisión de Galicia


O 25 de novembro, os/as integrantes do club de lectura fixeron unnha visita á TVG. Viron as instalacións onde lles explicaron como funcionaba a televisión por dentro, as mesas de son, a función do rexidor, os distintos platós... Tamén coñeceron o presentador do programa Luar, Xosé Manuel Gayoso (Jaioso para os amigos),co que se retrataron e de quen recibiron un autógrafo que podedes ver no libro de firmas da biblioteca.
Ao final, agasalláronos cun CD para cada un e unha caixa de libros para o noso centro.

Tamén estiveron no MUPEGA, o museo das escolas, onde lles contaron como xurdiron as escolas de indianos e poideron contemplar aulas de distintas épocas, así coma os xoguetes e os libros que un día tiveron os seus abós.

22 de novembro de 2010

Semana contra a violencia machista


Celebrouse na biblioteca un coloquio en torno ó libro El diario violeta de Carlota, que o alumnado de 3º de ESO leu na aula de Lingua Castelá. Nel evidéncianse as situacións de discriminación que sofren as mulleres en todo o mundo. En forma de diario, a autora, Gemma Lienas, propón un xeito de combatir as inxustizas e, sobre todo, de tomar conciencia delas para loitar polo seu rexeitamento.

Estes mesmos alumnos e alumnas asistirán o día 2 de decembro a unha charla que completará o tema : Movementos populares na defensa da igualdade, a cargo de Puri Cabido, invitada polo equipo da biblioteca dentro das actividades que ten programadas na semana contra a violencia machista.

Imaxe http://www.grup62.cat/es/llibre/el-diario-violeta-de-carlota_7018.html?ebookOnly=1

4 de novembro de 2010

Unha fiestra á arte

Invitamoste a unha visita rápida do Museo del Prado. Disfrutaa.

O pintor do sombreiro de malvas


O grupo do segundo ciclo da ESO do clube de lectura ten xa rematada a lectura de Las metamorfosis de Ovidio, en castelán. Agora están lendo un novo libro, O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. O autor visitaranos o 23 de novembro ás 11:45 para ter un encontro cos alumnos e alumnas do clube Liñas de fuga e tratar a sua obra.