30 de xuño de 2019

Clubs de lectura - Xuño

"Que la crítica borre toda mi poesía, si le parece. Pero este poema, que hoy recuerdo, no podrá borrarlo nadie". 

 

Despedimos este magnífico curso, no que se refire á participación e nivel do noso alumnado nos clubs de lectura, coa satisfacción de ter compartido momentos inesquecibles e ben enriquecedores.

Dende biblionamorad@s só podemos darvos as grazas por ser uns grupos tan fantásticos.

Esperámosvos o próximo curso con máis lecturas e moitas sorpresas!


Grazas mil!!!

Bo verán!!!








19 de xuño de 2019

CINERÁGORA : CICLO DE TERROR



CINERÁGORA: CICLO DE TERROR

Nesta última avaliación, que foi ben máis curta, tivemos 6 sesións do  CINERÁGORA. Así é que, ademais da nosa visita á sala Numax -martes, 9 de abril- para vermos  "À HAUTE VOIX", tivemos 6 pases ben interesantes no nos centro. Dado que acordaramos facer un Ciclo de Cinema de Terror, visionamos as seguintes fitas:

-LA PROFECIA,
-EL RESPLANDOR
-ALIEN
-AO FINAL DA ESCALEIRA
-POLTERGEIST
-REBECA





















Resultado de imagen de EL RESPLANDOR









Resultado de imagen de poltergeist














Resultado de imagen de rebeca hitchcock

5 de xuño de 2019

BESTIARIO POÉTICO

OBRADOIRO DE POESÍA CO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º ESO 

 

O alumnado que integra o Club de Lectura, xestionado por Isabel Mouriño-, participou o mércores, 24 de abril, nun Obradoiro de Poesía impartido pola poeta e profesora Rosa Enríquez. O devandito Obradoiro tivo unha duración de cinco horas con dous descansos de 20 minutos polo medio.

 

 Foi unha experiencia ben divertida xogar coa linguaxe, levala ao seu extremo e crear palabras, textos breves, imaxes... Por crear, creamos ata un Bestiario Poético con animais imposíbeis que, posteriormente, foron debuxados polo alumnado participante coa axuda da profesora Ana Pose. Fantástico traballo que tan ben nos queda neste noso espazo destinado á delicadeza: a Biblioteca. 

 Moitas grazas, Ana, polo teu bo facer! Grazas tamén ao alumnado do Club de Lectura!